A lingua atikamekw (atikamekw nehiromowin, literalmente a "lingua nativa atikamekw", é unha lingua algonquina falada polo pobo atikamekw do suroeste do Quebec. É falada por case todos os atikamekw, e atópase entre as linguas indíxenas menos ameazadas segundo algúns estudos. O atikamekw diferénciase doutas linguas do continuo dialectal cree en que ten moitos préstamos do ojibwa. Segundo datos do censo de 2016 tiña 6 165 falantes. O atikamekw está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en atikamekw Bibliografía Béland, Jean-Pierre. 1978. Atikamekw Morphology & Lexicon. Ph.D. Dissertation, University of California, Berkeley.

Categoría:Pobo atikamekw Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas amerindias do Canadá