A orella (do diminutivo latino de auris, auricula) () é a parte visible do órgano do sentido do oído, e está formada polo pavillón auricular ou pavillón auditivo externo que, canda o conduto auditivo externo, constitúe o chamado oído externo.

É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartilaxe e pel) que ten como función captar as vibracións sonoras e dirixilas cara ao interior do oído.

Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans). En cambio, a orella humana é moito menos direccional, pois non posuímos este control voluntario sobre a súa orientación.

Na especie humana, é unha lámina pregada sobre ela mesma en diversos sentidos, oval, cunha grosa extremidade superior, e tendo no seu conxunto aparencia dunha corneta acústica.

O pavillón ten un esqueleto de cartilaxe elástica que lle permite volver á súa posición normal despois dunha deformación. Cuberto de pel, non existe tecido celular subcutáneo. A parte inferior é o lobo (ou lóbulo) da orella, na que a parte central é adiposa, pouco innervada e ricamente vascularizada.

Partes da orella As partes que se distinguen na orella humana son:miniatura|194x194px|esquerda

Cuncha. Hélice. Antihélice. Trago (Tragus). Antítrago (Antitragus). Lobo ou lóbulo. Fosa triangular. Scapha (barco).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tubérculo de Darwin

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Oído