Jean-Ambroise Kindelan ou Jean de Kindelan, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1759 e finado en París o 13 de novembro de 1822, foi un xeneral español, de orixe irlandesa, naturalizado francés da Revolución francesa e do Imperio.

Traxectoria Comezou a súa carreira tenente segundo do rexemento de infantaría de Irlanda en 1766, a continuación foi sub-tenente o 24 de outubro, de 1767, tenente axudante-maior o 9 de xullo de 1790, e tenente-coronel, o 28 de outubro de 1793. Foi nomeado coronel o 11 de xullo de 1794 no rexemento de infantaría Ultonia (Ulster), e brigadier de infantaría o 10 de decembro, de 1795.

Foi ascendido a xeneral de brigada o 5 de outubro de 1802, e asumiu a función de inspector xeral de toda a infantaría de liña estranxeira o 11 de febreiro de 1807, e ascendeu a comandante segundo do corpo de tropas españolas auxiliares para o Grande exército, no mes de maio de 1807. O 22 de xuño de 1808, foi nomeado oficial da Lexión de Honra, e despois cabaleiro de Saint-Louis.

O 2 de maio de 1809, comandou o rexemento Xosé Napoleón organizado por el, a partir dun decreto de Napoleón do 13 de febreiro, e que consistiu nun rexemento de infantaría de tropas españolas ao servizo de Napoleón, co que participou nas campaña do Elba, Italia, Alemaña e Rusia.Fieffé, Eugène (1854); op.cit. páx. 146 Foi nomeado cabaleiro da real Orde de España en outubro de 1809, e foi elevado á categoría de tenente xeneral por Xosé Bonaparte o 14 de novembro de 1809. Por Decreto do 18 de maio de 1812, entra ao servizo de Francia e, posteriormente, o rexemento foi desarmado e disolto por mor dun decreto do 25 de novembro de 1813.

O 28 de maio de 1812, foi nomeado xeneral de división ao servizo de Francia. Naturalizado francés o 13 de marzo de 1816, retirouse o 7 de decembro de 1816. Morreu o 13 de novembro de 1822, en París e foi soterrado no cemiterio do Père-Lachaise.

Notas

Véxase tamén

Alfredo Kindelán Guerras napoleónicas

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Militares de Francia Categoría:Españois de ascendencia irlandesa Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1759 Categoría:Finados en 1822 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos