O q’anjob’al, tamén coñecido como kanjobal, é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. Segundo as estimación de 1998, tiña arredor de 77 700 falantes nativos, principalmente no departamento de Huehuetenango.Concentrados nos concellos de Santa Eulalia (2005). Os principais concellos nos que se fala o q'anjob'al son San Juan Ixcoy (Yich K'ox), San Pedro Soloma (Tz'uluma' ), Santa Eulalia (Jolom Konob' ), Santa Cruz Barillas (Yalmotx), San Rafael La Independencia e San Miguel Acatán (Pedro Mateo Pedro 2010). O q'anjob'al é ensinado nos colexios públicos dentro do sistema bilingüe de educación intercultural de Guatemala. O q’anjob’al está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Mateo Pedro, Pedro (2010). The acquisition of verb inflection in Q'anjob'al Maya: a longitudinal study. Ph.D. dissertation, University of Kansas.

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes