é unha serie manga xaponesa de acción e ciencia ficción escrita e debuxada por Tsutomu Nihei. A historia transcorre nunha realidade distópica, futurista e escura na que o ser humano é desprazado por unha tecnoloxía hostil á vida natural. O universo de Blame!, relacionado co concepto da Esfera de Dyson, é pechado e puramente artificial e tecnolóxico; trátase dunha enguedellada estrutura de niveis e camiños labirínticos que os conectan. Só existen seres humanos e robots de diversas clases.
A primeira aparición do manga foi na revista Afternoon. Despois realizouse unha nova edición da serie, Blame! Master Edition. Un filme anime homónimo de Polygon Pictures foi estreado a través de Netflix en maio de 2017.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en AnimeNewsNetwork
Categoría:Manga Categoría:Anime