miniatura|Un submarino de ataque estadounidense da Clase Los Ángeles miniatura|Submarino alemán da primeira guerra mundial da clase UC-1 Un submarino é unha embarcación con capacidade para navegar somerxida baixo a auga. Aínda que a maioría deles úsanse para fins militares, algúns teñen uso civil normalmente científico.

As características dos submarinos varían moito segundo o propósito para o que foron construídos. Por exemplo, hai grandes submarinos con enerxía nuclear que poden permanecer baixo a auga durante meses, mentres que outros son científicos moito máis pequenos que só poden operar durante unhas horas.

A partir dos modelos máis primitivos de propulsión manual, os submarinos evolucionaron ata converterse en barcos altamente sofisticados. Aínda que a maioría dos avances foron por razóns militares, algúns foron por motivos civís, como os alcanzados polo enxeñeiro catalán Narcís Monturiol cos seus Ictíneo I e II.

Os primeiros submarinos movíanse manualmente, xa que os motores mariños aínda non foran inventados e moito menos para funcionar baixo a auga, tiñan funcións militares e tentaban afundir os buques inimigos por métodos como o de introducirlles parafusos nos cascos de madeira. Algúns empregaron explosivos, pero na maioría dos casos tiña como consecuencia a destrución do propio submarino xunto co do navío inimigo.

Historia do submarino Antecedentes: Idades Antiga e Media As orixes do submarino poderían atoparse na época de Alexandre o Grande, o 330 a. C. Trataríase dunha especie de barril de vidro pechado que permitiría baixar a pouca profundidade e durante o pouco tempo no que o aire aínda sería respirable no interior. O vidro permitiría ver a paisaxe submarina e facer observacións.

Outro dos posibles antecedentes falan dun mensaxeiro enviado polo xeneral romano Lucio Licinio Lúculo atravesando o bloqueo do porto navegando dentro dunha especie de embarcación submarina feita de coiro de cabra.

Máis adiante no ano 1490 Leonardo da Vinci debuxou un enxeño de dobre casco somerxible. No século XVI o bispo de Uppsala, describiu un bote de coiro capaz de moverse por baixo da auga. Primeiros intentos: séculos XVI-XVII Posiblemente o primeiro intento de navegación submarina tivo lugar en España no século XVI. Segundo un informe en Opusculum Taisnieri, publicado en 1562:

Este feito supostamente tivo lugar no río Texo, preto da cidade de Toledo; segundo parece, os submarinistas empregaron unha especie de campá protectora.Hemeroteca de ABC, páxina 89 (03/07/1980) miniatura|Submarino de William Bourne, en Inventions or devices, 1578. Segundo as fontes de documentación, entre os anos 1573 e 1580 o matemático e xefe da Artillaría Naval da raíña Isabel de Inglaterra, William Bourne, describiu un barco que podía ir por baixo da superficie do mar ata o fondo e saír da mesma maneira e facilidade coa que se mergullou, e que consistía nunha cuberta impermeabilizada con pel que se podía inflar e desinflar mediante un gato para modificar o movemento e o descenso deste artefacto baixo da auga. O aire chegaba ao interior a través dun mastro baleiro que chegaba ata superficie e o movemento producíase cuns remos.

O primeiro somerxible do que se ten información fidedigna da súa execución foi (un modelo baseado nos apuntamentos de Bourne) construído en 1620 por Cornelius Jacobszoon Drebbel, un holandés ao servizo de Xaime I de Inglaterra. Estaba propulsado por medio de remos, mais a súa natureza exacta é obxecto de certa controversia, pois algúns afirman que era simplemente unha campá remolcada por unha barca. Dous tipos mellorados probáronse no río Támese entre 1620 e 1624. Porén, investigacións recentes manifestaron que o enxeñeiro español Jerónimo de Ayanz y Beaumont construíra un submarino en 1600.

Aínda que os primeiros vehículos somerxibles eran simples ferramentas para exploracións subacuáticas, aos inventores non lles custou moito advertir o seu potencial militar. As vantaxes estratéxicas dos submarinos expuxéronse polo bispo John Wilkins de Chester en 1648.

Os primeiros estudos teóricos sobre a construción dun submarino remóntanse a 1680 , cando Giovanni Alfonso Borelli na súa obra De motu animalium ilustrou por primeira vez a posibilidade de construír un vehículo que puidese explorar os abismos mariños.

Os desenvolvementos ata os deseños modernos: s. XVIII- XIX miniatura|esquerda|Esquema do "Turtle", primeiro submarino militar que se construíu en 1776. Cara ao ano 1775 aproximadamente, o enxeñeiro estadounidense, de Connecticut, David Bushnell construíu un somerxible, con capacidade para unha soa persoa, que tiña forma de dúas cunchas de tartaruga mariña pegadas pola parte de abaixo e que se bautizou co nome de "Turtle" (tartaruga). Este somerxible estaba feito de madeira de carballo e foi o primeiro submarino verificado capaz de realizar operacións subacuáticas e con movemento independente e o primeiro en empregar hélices para propulsarse. O "Turtle" tiña un só tripulante e movíase lentamente grazas á súa hélice de parafuso na parte dianteira que se accionaba manualmente. Contaba con dous tanques de lastre e bombas para encher e baleirar a auga do mar e deste xeito regular a profundidade a que navegar. O obxectivo militar do "Turtle" era atacar os barcos británicos fixando o casco destes unha gran carga de pólvora (similar a unha mina de mar). O invento construíuse e navegou correctamente (operado polo sarxento Ezra Lee, do exército continental) ata chegar ao seu obxectivo, pero non puido fixar a bomba o casco porque entón os barcos británicos levaban o casco recuberto de cobre, sendo pensada a mina para ser fixada en buques de madeira. Así pois, a acción fracasada do "Turtle" contra o "HMS Eagle" (buque insignia dos bloqueadores) en 1776, durante a guerra da independencia estadounidense, pode considerarse como a primeira acción dun submarino en combate.

miniatura|O Nautilus (1800) Tras Bushnell veu Robert Fulton, tamén estadounidense, o cal quería liberar a Francia do bloqueo que estaba a practicabar a frota británica sobre as costas francesas (era un gran partidario da Revolución Francesa). Para iso deseñou o Nautilus (Nautile), un submarino duns 6,5 metros de lonxitude con estrutura de ferro e recuberto de cobre. A propulsión era manual pero facilitada por un sistema de engrenaxes desmultiplicadores que accionaban a hélice de catro pas, ademais contaba cunha vela para navegar na superficie. O mesmo tempo aplicáronse dúas novas innovacións tecnolóxicas máis: o uso dos temóns horizontais e verticais e o uso do aire comprimido durante a inmersión. Podían entrar só catro persoas e baixo a auga podíase estar unhas catro horas. Un ollo de boi de ferro e de cristal utilizábase de torreta de observación cando o submarino estaba sobre a superficie do mar. O Nautile construíuse en París, xa que estaba destinado a servir a frota francesa, pois Napoleón Bonaparte investira 10.000 francos da época, pero non participou en ningunha acción bélica. Foi o segundo modelo construído, o Nautilus II, o que efectuou misións militares. A súa viaxe comezou na baía de Brest, dirixíndose á frota británica, pero a misión fracasou, xa que os ingleses facían patrullar barcas de remos permanentemente ao redor dos seus barcos evitando que o Nautilus se puidese achegar o suficiente ás naves inimigas. A misión de enganchar os explosivos que levaba baixo algún barco británico fracasou e, a partir de aí, Francia considerou que o seu uso non era ético e perdeu o interese nestes submarinos primitivos. Fulton, ao ser rexeitado por Francia, pasouse o bando inimigo, o Reino Unido, no ano 1805. Aínda que a súa demostración experimental foi un éxito, fixo estalar un barco onde un submarino pegara antes uns explosivos a través dun cable eléctrico, Gran Bretaña, que respondeu dunha forma similar a como o fixera Francia. miniatura|O Brandtaucher no museo de historia militar de Dresden En 1851 Wilhelm Bauer, un cabo de artillaría bávaro, botou un submarino deseñado por el chamado Brandtaucher ("mergullador incendiario") na baía de Kiel. Este submarino foi construído por August Howaldt e estaba propulsado por dous mariñeiros que facían xirar unha gran roda de rodaxe coas mans e cos pés para mover unha hélice. Afundiuse durante a presentación nun espectáculo público, pero os tres tripulantes lograron escapar. O submarino foi rescatado en 1887 e exhíbese no museo de Dresden.

miniatura|Planos da patente do garcibuzo, deseñado por Cosme García Sáez En 1860, o inventor español Cosme García Sáez patentou un submarino e realizou con éxito as probas oficiais segundo a acta oficial da Comandancia de Mariña no porto de Alacant. O enxeño podía acoller dúas persoas e permaneceu baixo a auga 45 minutos. O 16 de novembro de 1860 obtivo tamén, a patente en París co nome de Bateau Plongeur. Tras non atopar financiamento en España, e rexeitar o ofrecemento de Napoleón III, o somerxible foi afundido polo fillo do inventor en Alacant, tras informarlle a autoridade portuaria de que molestaba o tráfico mariño.Agustín Rodríguez, Cosme García: un genio olvidado, Logroño, Instituto de Estudios Riojanos, 1996, Colección Logroño, 19, Prólogo de D. Carlos Navajas Zubeldía 134 págs. ISBN 84-89362-16-5. 2.ª ed. id. 2007, 199 págs., ISBN 978-84-96637-29-0Cosme García: vida y zozobras del precursor del submarino. Documentos rne, 27/06/15

miniatura|Os restos do CSS Hunley recuperados en 2000. O submarino máis famoso do século XIX foi o, CSS Hunley, barco da Confederación que o 17 de febreiro de 1864 afundiu, cunha carga explosiva posta na proa o USS Housatonic, unha fragata da Unión. O Hunley afundiuse á súa vez cos nove tripulantes cando regresaba á súa base de operacións. A pesar do preocupante desenvolvemento (durante as probas de mergullo afundiu tres veces coa perda de 23 homes) e a falta de regreso da súa única misión operativa, a compañía Hunley demostrou a eficacia na guerra dos submarinos que desde ese momento entraron nos proxectos dos arsenais militares.

Mesmo se a construción do Brandtaucher e o éxito de CSS Hunley demostraron a eficacia dos submarinos como arma, aínda quedaban moitos problemas por resolver. Ademais da falta dunha arma para empregar con eficacia (as cargas explosivas, colocadas ao final dunha barra como no caso de Hunley, eran extremadamente perigosas tamén para o submarino), o principal problema viña dado pola ausencia total dun motor. De feito, os rudimentarios CSS Hunley e os submarinos Bauer navegaron manualmente, limitando drasticamente a autonomía e o alcance.

Submarinos de propulsión mecánica (finais do século XIX) O 16 de abril de 1863 é botado o submarino francés Plongeur primeiro submarino no mundo en ser propulsado mediante un motor de enerxía mecánica que consistía nun motor de aire comprimido de 60 kW.

miniatura|esquerda|Réplica do Ictíneo II no porto de Barcelona. Botado no porto de Barcelona o 2 de outubro de 1864, o Ictíneo II, construído por Narcís Monturiol, foi un deseño revolucionario, xa que incorporaba unha máquina de vapor para a súa propulsión e utilizaba como combustible unha mestura de peróxido de magnesio, cinc e clorato de potasio (a reacción química dos cales proporcionaba osíxeno tanto para a combustión como para a tripulación).