En bioloxía, a especificidade biolóxica é a tendencia dunha característica biolóxica como un comportamento ou unha variación bioquímica ou outra, a aparecer nunha determinada especie.

O bioquímico Linus Pauling afirmou queA especificidade biolóxica é o conxunto de características dos organismos vivos ou constituíntes dos organismos vivos que os fan ser especiais ou facer algo especial. Cada especie de animal ou planta é especial. Difire dalgún modo de todas as outras especies. ……a especificidade biolóxica é o principal problema para comprender a vida.Linus Pauling, Barbara Marinacci, Linus Pauling in His Own Words: Selections From His Writings, Speeches and Interviews, (1995), p. 96.

Subtemas As características biolóxicas poden ser descritas como interespecíficas, intraespecíficas e conespecíficas.

A interespecificidade (literalmente entre especies), ou ser interespecífico, describe aspectos entre individuos de especies distintas. Estas poden incluír:

Comunicación interespecífaca, a comunicación entre difeentes especies de animais, plantas, fungos ou bacterias. Competición interespecífican, na que os individuos de diferentes especies compiten polos mesmos recursos nun ecosistema. Alimentación interespecífica, na que os adultos dunha especie alimentan as crías doutra especie. Hibridación interespecífica ou reprodución entre distintas especies. Interacción interespecífica, os efectos que uns organismos da comunidade teñen sobre outros. Embarazo interespecífico, embarazo no que un embrión ou feto dunha especie é xestado por outra.

A intraespecificidade (literalmente dentro da especie) ou ser intraespecífico, describe os comportamentos, variacións bioquímicas e outros aspectos dentro dos individuos dunha mesma especie. Estes poden ser:

Antagonismo intraespecífico, cando os individuos da mesma especie son hostís entre si. Competición intraespecífica, cando individuos ou grupos de individuos da mesma especie compiten polos mesmos recursos nun ecosistema. Hibridación intraespecífica ou reprodución entre variedades da mesma especie. Mimetismo intraespecífico, individuos que imitan a outros da súa especie que teñen unha característica desexable. Por exemplo bolboretas que non son tóxicas poden imitar a coloración doutros individuos da súa especie que si son tóxicos, o que os protexe a ambos.

Dous ou máis individuos dunha poboación ou taxon son conespecíficos se pertencen á mesma especie. Onde conviven diferentes especies que se poden hibridar e os seus gametos compiten, os gametos conespecíficos teñen precedencia sobre os heteroespecíficos, o que se denomina precedencia espermática conespecífica ou precedencia do pole conespecífica en plantas.

O antónimo de conespecificidade é a heteroespecificidade: dous individuos son heteroespecíficos se se considera que pertencen a diferentes especies biolóxicas.

Conceptos relacionados Son conxéneres os organismos do mesmo xénero.

(Isto non se debe confundir con conxénico, termo que se aplica en xenética a dous organismos que só difiren nun locus e un segmento ligado dun cromosoma.)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bioloxía evolutiva

Categoría:Evolución