José Escobar Magdalena, nado en Abrairas (Baleira) cara a 1886 e finado no mesmo concello en 1960, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fillo do médico e alcalde de Baleira Salvador Escobar Carral.El Progreso, 5-8-1950, p. 3. Licenciouse en Medicina en 1909.El Correo de Galicia, 20-10-1909, p. 2. Foi médico municipal en Baleira. Concedéronlle a Cruz de 1ª clase de Beneficencia polos servizos prestados durante a gripe de 1918.El Regional, 26-1-1927, p. 2.

Amigo e representante de Manuel Portela Valladares en Baleira. Na época da Segunda República, militou no Partido Republicano Gallego. Foi un dos representantes do concello de Baleira, xunto a Jesús Rico Castro, na asemblea para a aprobación do Estatuto Galego realizada na Coruña no mes de xuño de 1931.El Pueblo Gallego, 5-6-1931, p. 1. Despois militou en Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado, sancionado polo gobernador civil de Lugo cunha multa de 5 000 pesetas o 25 de agosto de 1937 por desafecto ao Movimiento Nacional e non asistir á manifestación do 18 de xullo dese ano, e internado no cárcere de Lugo dende o 23 de outubro de 1937 ata o 4 de agosto de 1938, abonando ao día seguinte a multa de 1 500 pesetas imposta polo delegado de Orde público de Lugo. Na resolución do expediente impuxéronlle a separación definitiva do servizo médico o 12 de febreiro de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas que se resolveu o 15 de marzo de 1941 coa sanción de 8 anos de inhabilitación especial e multa de 500 pesetas.

Vida persoal Casou con Elisa Cuenza Luna en 1912 e foi pai de Elvira, Salvador, María de la Paz, Pura, Inés, Elisa e Julia Escobar Cuenza.El Progreso, 28-8-1951, p. 3.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidade política nº 92/1940 de José Escobar Magdalena Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Médicos de Baleira Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes