Rebeca Quintáns López, nada en Arzúa en 1964, é unha xornalista, escritora de investigación e profesora galega.<ref>"Rebeca Quintans | Periodista y escritora", en 'La Nueva España, 22 de xullo 2016.</ref>

Traxectoria Rebeca Quintáns é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a análise do discurso de Xoán Carlos I.Rebeca Quintans: "El 23-F consiguió su objetivo, el fracaso es relativo". Público. 4 decembro 2016.

O seu primeiro libro, Un Rey golpe a golpe, publicouse na editorial Ardi Beltza baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo por motivos de seguridade."Para hablar del libro, salíamos de la redacción y le quitábamos la batería a los teléfonos móviles". Público. 14 xullo 2014. Foi unha continuación da investigación realizada na súa tese doutoral, que en palabras da autora: "había tanto contraste entre a verdade da figura de Juan Carlos e a imaxe creada nos medios de comunicación durante a Transición que eu estaba a desexar contar todo iso".

Como xornalista escribiu en diversos medios tanto convencionais (Interviú, Tiempo, El Semanal ou El Correo Gallego entre outros) como alternativos (Ardi Beltzav, Kale Gorria, El Otro País, No a la Guerra ou Diagonal). Tamén é profesora de Ensino Secundario e traballou como profesora asociada para a Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.Rebeca Quintans: “El rey emérito fue un colaborador necesario del 23 F”. Revista R@mbla. 19 xuño 2016.

En 2016 publicou Juan Carlos I: la biografía sin silencios, unha ampliación actualizada da traxectoria do rei emérito na que repasa diferentes aspectos da súa vida non tratados polos medios convencionais.‘Juan Carlos I, la biografía sin silencios’. InfoLibre. 1 maio 2016."No hay libertad de expresión en España para informar sobre la monarquía". Eldiario.es. 4 novembro 2016.

Libros Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón (2000). Baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo. Gran Hermano: el precio de la dignidad (2000). Xunto a Andrés Sánchez Díaz. Juan Carlos I: la biografía sin silencios ''(2016).

Notas

Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1964 Categoría:Xornalistas de Arzúa Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego