A N-551 é unha estrada nacional convencional que conecta as pontes internacionais da A-55 e a de Tui-Valença, tendo na vila de Tui un cruzamento coa N-550 que a une, asemade, co resto da rede estatal.
Foi creada en 1988 tomando o tramos da C-550 entre a nova ponte internacional da A-55 e a N-550 e o comprendido entre esta última e a ponte vella internacional entre Tui e Valença.
En 2004 o pleno municipal de Tui acordou solicitar ao Goberno de España a transferencia desta vía, que transcorre na súa totalidade dentro dos lindeiros do concello, porén esta demanda non chegou a prosperar.
Notas
Categoría:Estradas nacionais de España Categoría:Estradas do Estado en Galicia Categoría:Tui Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra