Ismail I, nado en Ardabil o 17 de xullo de 1487 e finado preto de Tabriz o 23 de maio de 1524, foi rei (xa) de Irán, o fundador da dinastía safávida.
Traxectoria Orixe miniatura|325x325px|A batalla entre Ismail e xa Farrukh Yassar de Shirvan Seu pai, Haydar, era o xeque da orde xiíta imaní safáviya e herdeiro directo do seu fundador Safi-ad-din Ardabili (1252–1334). Ismail tiña devanceiros xeorxianos, gregos, kurdos e azerís e medrou falando persa e azeríRoger M. Savory. "Safavids" in Peter Burke, Irfan Habib, Halil İnalcık (1999) History of Humanity-Scientific and Cultural Development: From the Sixteenth to the Eighteenth Century, Taylor & Francis, p. 259 mais o seu imperio considerouse iraniano."Peoples of Iran" Encyclopædia Iranica.Roger Savory "Ebn Bazzāz".Encyclopædia IranicaPeter B. Golden (1992) An Introduction to the History of the Turkic Peoples Wiesbaden: Harrassowitz Verlag, p.321Alireza Shapur Shahbazi (2005), "The History of the Idea of Iran", in Vesta Curtis ed. Birth of the Persian Empire IB Tauris, London, p. 108
Ascenso ao poder En 1488, seu pai morreulle nunha batalla en Derbent contra das forzas do shirvanshah Farrukh Yassar e dos Aq Qoyunlu, unha federación tribal turcófona que controlaba a maior parte de Irán. En 1494 os Aq Qoyunlu capturaron Ardabil, asasinando a Ali Mirza Safavi, o fillo máis vello de Haydar, e forzando a Ismail, entón un neno de sete anos a agacharse en Gilan, onde se educou baixo a orientación dos eruditos locais.
Cando Ismail chegou aos doce anos, volveu ao Azerbaidján iraniano xunto cos seus partidarios. Para o seu ascenso ao poder foi fundamental o apoio das tribos turcomás de Anatolia e Azerbaidján, que formaron a parte máis importante do movemento qizilbash.
Invasión de Shirvan e Azerbaidján
miniatura|Ismail I declara o xiísmo a relixión oficial na mesquita de Tabriz No verán de 1500, un exército formado por 7 000 qizilbash, principalmente das tribos ustaclu, shamlu, rumlu, tekelu, zhulkadir, afshar, qajar e varsak, respondeu á invitación de Ismail en ErzincanFaruk Sümer, Safevi Devletinin Kuruluşu ve Gelişmesinde Anadolu Türklerinin Rolü, Türk Tarih Kurumu Yayınları, Ankara, 1992, p. 15.. Esa forza pasou o río Kura en decembro de 1500, e marchou cara ao estado do shirvanshah. Derrotaron as forzas de Farrukh Yassar preto de Cabanı, ou en Gulistan, e posteriormente marcharon cara a Bacú. Así, Shirvan e os seus territorios dependentes (ata o sur do actual Daguestán polo norte) eran agora de IsmailNesib Nesibli, "Osmanlı-Safevî Savaşları, Mezhep Meselesi ve Azerbaucan", Türkler, Cilt 6, Yeni Türkiye Yayınları, Ankara, 2002, ISBN 975-6782-39-0, p. 895.. Tras a conquista, Alexandre I de Kakheti envíou a seu fillo a Shirvan para negociar un tratado de paz.
A exitosa conquista alarmou ao gobernante dos Aq Qoyunlu, Alvand, quen marchou ao norte dende Tabriz á fronte das súas tropas, e cruzou o río Aras para combater ás forzas safávidas en Sarur, malia seren inferiores un a catro a vitoria foi para estas últimas. Pouco antes do seu ataque en Shirvan, Ismail fixo que os xeorxianos Constantino II e Alexandre I, reis respectivamente de Kartli e Kakheti, atacasen as posesións otomás preto de Tabriz coa promesa de cancelar o tributo que tiñan que pagar ao Ak Koyunlu unha vez capturada Tabriz. Non obstante, tras a conquista de Tabriz e Nakhchivan, Ismail rompeu a promesa e fíxoos vasalos.
Reinado miniatura|A batalla entre Ismail I e Muhammad Shaybani
Conquista de Irán e contorna En xullo de 1501, Ismail asumiu a coroa de Azerbaidján como xa, escollendo Tabriz como a súa capital.The New Encyclopædia Britannica: Micropædia, Encyclopædia Britannica, 1991, ISBN 978-0-85229-529-8, p. 295. Nomeou o seu antigo gardián e mentor Husayn Beg Shamlu como vakil (segundo) do imperio e comandante en xefe (amir al-umara) do exército qizilbash. O seu exército compúñase de unidades tribais, maioritarimente turcománs de Anatolia e Siria e o resto kurdos e caḡatāy. M. Haneda "Army iii. Safavid Period" Encyclopaedia Iranica Tamén designou un antigo visir de Aq Qoyunlu como o seu visir, Mohammad; Zakariya Kujuji. Despois de proclamarse xa, Ismail adoptou o xiísmo imaní como relixión oficial e obrigatoria de Irán. Disolveu as fraternidades sunnitas e executou a calquera que se negase a cumprir co xiísmoCleveland, William L. (2013) "A History of the Modern Middle East" Westview Press, p. 131
Tras derrotar un exército de Aq Qoyunlu en 1502, Ismail tomou o título de "xa de Irán".Woodbridge Bingham, Hilary Conroy, Frank William Iklé (1974) A History of Asia: Formations of Civilizations, From Antiquity to 1600, Bacon, 1974, p. 116. No mesmo ano fíxose con Erzincan e Erzurum, e ao ano seguinte conquistou Eraq-e Ajam e Fars; e en 1504 Mazandaran, Gorgan e Yazd.T.A. Sinclair (1989) Eastern Turkey: An Architectural & Archaeological Survey, Volume II Pindar Press, p 289 En 1507 fixo o propio con Diyabakir. E nese ano elixiu a Amir Najm al-Dino Mas'ud Gilani como o novo vakil, un iraniano fronte aos qizilbash, que xa amoreaban moito poder e dos que empezaba a desconfiar.
Un ano despois Ismail forzou os gobernantes de Khuzestán, Lorestan, e Kurdistán a converterse en vasalos, mais tamén nese ano Ismail e Husayn Beg Shamlu tomaron Bagdad, pondo fin ao período dos Aq Qoyunlu. Unha das primeiras medidas de Ismail foi destruír lugares sunnitas en Bagdad, como as sepulturas dos califas Abbásidas e dos imáns Abū Ḥanīfah e Abdul Qadir Gilani.
Contra 1510 xa controlaba a totalidade de Irán e Azerbaidján, o sur de Daguestán (incluíndo a importante cidade de Derbent), Mesopotamia, Armenia, Khorasán, e Anatolia Oriental, e tiña como vasalos os reinos xeorxianos de Kartli e Kakheti. Nese ano Husayn Beg Shamlu perdeu o seu posto de comandante en xefe en beneficio dun home de orixes humildes, Mohammad Beg Ustajlu. Ismail tamén nomeou novo vakil a Najm-e Sani tras a morte de Mas'ud Gilani.
Ismail mobilizouse contra os uzbekos. Nunha batalla preto da cidade de Merv, 17 000 guerreiros qizilbash emboscaron e derrotaron a 28 000 uzbekos. Colleron ao gobernante uzbeko, Muhammad Shaybani, ao intentar fuxir da batalla e o seu cranio, incrustado de pedras preciosas serviu, segundo a tradición, para que brindase o seu vencedor, o xa Ismail. En 1512, Najm-e Sani morreu nun novo enfrontamento cos uzbekos e Ismail nomeou a Abd al-Baqi Yazdi como o novo vakil do imperio.
Guerra contra o otománs miniatura|253x253px| Mural representando a batalla de Chaldiran. Palacio Chehel Sotoun de Isfahan. O recrutamento activo de apoio para a causa safávida entre as tribos turcomás de Anatolia Oriental, súbditos otománs, xerou tensións entre os dous poderes.Roger M. Savory, Ahmet T. Karamustafa “ESMĀʿĪL I ṢAFAWĪ Encyclopaedia Iranica, VIII/6, pp. 628-636 E os otománs, sunnitas, tiñan motivos para sentir alarma ante o progreso das ideas xiítas nos territorios so control safávida mais tamén había o perigo para os otománs de perderen territorios en Asia menor en beneficio dos persas. En 1511, houbo unha importante rebelión prosaváfida no sur de Anatolia da tribo takkalu qizilbash, coñecida como rebelión Şahkulu; os rebeldes lograron derrotar as unidades do exército otomán enviadas para sufocala.
Unha incursión en 1512 a grande escala en Anatolia Oriental realizada por ghazis safávidas dirixidos por Nūr-ʿAlī Ḵalīfa coincidiu co acceso de Selim I ao trono otomán, e converteuse en casus belli que decidiu a Selim a invadir Irán dous anos máis tarde. Selim e Ismail intercambiaran unha serie de cartas belixerantes antes do ataque. Mentres as forzas safávidas estaban en Chaldiran e planeaban como enfrontarse cos otománs, Mohammad Khan Ustajlu, gobernador de Diyabakir, e Nur-Ali Khalifa, un comandante que coñecía como loitaban os otománs, propuxeron atacar o máis axiña posible pero Ismail rexeitou tal proposta. miniatura|Posesións persoais de Ismail capturadas por Selim durante a batalla de Chaldiran. Museo Topkapi de Istanbul, Selim I finalmente derrotou a Ismail na batalla de Chaldiran en 1514.Michael_Axworthy (2008) Iran: Empire of the Mind Penguin, p.133 O exército de Ismail tiña maior mobilidade e os seus soldados estaban mellor preparados, mais o otománs prevaleceron debido en gran parte ao seu exército eficiente e moderno e a posesión de artillaría, pólvora e mosquetes. No decurso da loita Ismail resultou ferido e houbérono capturar. Selim entrou triunfador na capital iraniana de Tabriz o 5 de setembroNorman Housley (1992) The later Crusades, 1274–1580: from Lyons to Alcazar Oxford University Press, p. 120, mais non permaneceu na cidade, un motín entre as súas tropas e o temor a un contraataque con novas tropas, forzaron os otománs a unha retirada prematura, e Ismail puido recuperar a súa capital. Entre o botín tomado en Tabriz polos otománs estaba a muller favorita do xa, pola que o sultán pedía enormes concesións e que Ismail rexeitou. A pesar da súa derrota na batalla de Chaldiran, Ismail recuperou decontado a maioría do seu reino, dende o leste do lago Van ata o golfo Pérsico. Non obstante, os otománs anexionaron por primeira volta Anatolia Oriental e partes de Mesopotamia, así como brevemente o noroeste de Irán.Ira M. Lapidus (2014) A History of Islamic Societies Cambridge University Press. ISBN 1139991507 p 336
Últimos anos miniatura|Páxina do diwan de Khaṭā'ī A batalla de Chaldiran supuxo un duro golpe para Ismail, empezou a beber,Peter Malcolm Holt, Ann K. S. Lambton, Bernard LewisThe Cambridge History of Islam, Part 1, p. 401. retirouse ao seu palacio e non volveu participar nunha campaña militar,Mikaberidze, Alexander (2015). Historical Dictionary of Georgia (2 ed.). Rowman & Littlefield, p. 242 e mesmo deixou de participar activamente nos asuntos de Estado, deixando o goberno no seu visir, Mirza Shah Husayn,Momen, Moojan (1985). An Introduction to Shi'i Islam: The History and Doctrines of Twelve Yale University Press., p. 107.Savory, Roger (2007). Iran under the Safavids. Cambridge University Press. p, 37 ao que un grupo de oficiais qizilbash asasinou en 1523. Ismail nomeou o seu fillo Jalal al-Din Mohammad Tabrizi como o seu novo visir. E o ano seguinte, o 23 de maio de 1524 morreu o xa. Soterrado en Ardabil, sucedeuno o seu fillo Tahmasp I á fronte do reino.
Poesía
Ismail escribiu poesía empregando o pseudónimo literario de Khaṭā'ī ( "pecador"). Escribiu en azerí mais en persa. Consérvanse uns 1400 versos en azerí, que escolleu principalmente por razóns políticas. En persa sobreviviron tan só 50 versos. Como poeta foi hábil utilizando temas e imaxes con facilidade e con certo grao de orixinalidade tanto na súa poesía lírica como na didáctico-relixiosa. Recibiu unha forte influencia da tradición literaria persa de Irán, especialmente do poema Shahnameh de Ferdowsi.
A maioría dos poemas están relacionados co amor —particularmente do tipo místico sufí, aínda que tamén hai poemas propagando a doutrina xiíta e a plítica safávida. Nasihatnāme é un libro de consellos, e deixou inacabado Dahnāme,H. Javadi e K. Burrill. Azeri Literature in Iran. — Encyclopædia Iranica, 1998. — Vol. III. — pp 251-255. no que exalta as virtudes do amor.
Canda o poeta Imadaddin Nasimi está considerado dos primeiros en empregar un azerí simple en verso para chegar a un público máis amplo. A súa obra é popular en Azerbaidján, así como entre o bektashis de Turquía.
Notas
Categoría:Finados en 1524 Categoría:Nados en 1487 Categoría:Nados en Irán Categoría:Reis de Persia Categoría:Escritores en lingua azerí Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Escritores de Irán Categoría:Poetas de Persia