Acontecementos O rei Henrique III de Castela concede a Lope Fernández Pacheco os lugares de Puñonrostro, Robledillo e Descargamaría en Extremadura (29 de marzo). Desde Tordesillas cede así mesmo o señorío de Belmonte ao irmán deste, Juan Fernández Pacheco, xunto coas aldeas de Osa, Monreal e Hinojos (16 de maio). Tamén concede o Condado de Benavente a Juan Alonso Pimentel mediante un albará datado o 17 de maio. Pedro López de Ayala, é nomeado chanceler real de Castela (1398-1407). Tamerlán conquista o Sultanato de Delhi, que quedara debilitado tras de catro anos de guerra civil. As tropas islámicas de Tamerlán saquean a cidade de Delhi en decembro e masacran a centos de miles de habitantes hindús do estado. Henrique de Láncaster tivo que marchar ao desterro en 1398 por unha orde arbitraria e intransixente de Ricardo II de Inglaterra.

Nacementos Johann Gutenberg, inventor da imprenta Tlacaelel, guerreiro, economista e reformador relixioso mexica. 29 de xuño - Xoán II de Aragón e II de Navarra en Medina del Campo. 25 de xullo - Francesco Filelfo, humanista italiano. 19 de agosto - Íñigo López de Mendoza y de la Vega, poeta español, en Carrión de los Condes. Tlacaélel - Político e estadista do imperio mexica

Mortes Jean Atabaours, arquitecto francés. Branca de Navarra ou de Évreux, raíña de Francia consorte de Filipe VI. Mateo I, Conde de Foix e Vizconde de Bearne. Xacobe I de Chipre (1334-1398), Rei de Chipre.

Historia ano a ano

Categoría:1398