Fernando Moreiras Corral, nado en Vigo en 1976, é un tradutor galego.

Traxectoria

Licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo no ano 1998, mestrado en Tradución Multimedia pola mesma universidade e graduado en Dereito pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, é tradutor profesional desde o inglés e o francés ao galego e o castelán. A súa especialidade son os textos técnicos, xurídicos, audiovisuais (en particular os videoxogos) e literariosFernando Moreiras en Asociación de Traducción y Adaptación Audiovisual de España (ámbito en que traduciu autores como George Orwell ou Dan Brown).Fernando Moreiras , en Cultura Galega. Impartiu docencia de tradución xurídica, económica e administrativa na Universidade de VigoFernando Moreiras: “Gañar o premio Plácido Castro foi toda unha sorpresa e tamén unha honra”, no Diario da Universidade de Vigo, 2011., onde na actualidade aínda participa no Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV).

Distincións

Foi galardoado co Premio de Tradución Plácido Castro na súa X edición pola súa versión ao galego de Ensaio sobre a crítica, de Alexander PopeFernando Moreiras emulou a Plácido Castro e levou o Premio de Tradución , en Que pasa na costa: diario dixital da Costa da Morte, 2011., co Premio Gamereactor Xogo do Ano 2015 por participar na localización ao castelán de Divinity: Original Sin, co Premio Doblaje de Videojuegos 2023 (mellor tradución) por participar na localización ao castelán de Atomic Heart e tanto co XII Premio ATRAE (mellor tradución de videoxogo) como co Premio Doblaje de Videojuegos 2023 (mellor tradución sen doblaxe) por participar na localización ao castelán de Baldur’s Gate 3.

Obras traducidas O código Da Vinci, de Dan Brown (El Aleph, 2004) con Carlos Acevedo e Eva Almazán. Anxos e demos, de Dan Brown (El Aleph, 2005) con Carlos Acevedo e Eva Almazán. Hexwood, de Diana Wynne Jones (Grupo Editorial AJEC, 2005). Lempicka: a artista, a muller, a lenda, de varios autores (Fundación Caixa Galicia, 2007). A aurora boreal, de Philip Pullman (Kalandraka, 2007). O regreso ao deserto, de Bernard-Marie Koltes (Laiovento, 2007). O coitelo sutil, de Philip Pullman (Kalandraka, 2008). O símbolo perdido, de Dan Brown (El Aleph, 2009) con Carlos Acevedo e Eva Almazán. O anteollo de ámbar, de Philip Pullman (Kalandraka, 2009). O nacemento do dragón, de Fei Wang e Marie Sellier (Kalandraka, 2009). A granxa dos animais, de George Orwell (Kalandraka, 2010). Ensaio sobre a crítica, de Alexander Pope (Asociación de Tradutores Galegos, 2011; primeiro premio na X edición do Premio de Tradución Plácido Castro). 1984, de George Orwell (Kalandraka, 2011). Indignádevos!, de Stéphane Hessel (Kalandraka, 2011). Para facer o retrato dun paxaro, de Jacques Prévert (Kalandraka, 2011). Inventario ilustrado de animais, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2012). Inventario Ilustrado dos mares, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2013). Pastoral americana, de Philip Roth (Kalandraka, 2013). Ensaio sobre o home, epístolas 1 e 2, de Alexander Pope (Asociación de Tradutores Galegos, 2013). Inventario ilustrado das árbores, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2014). Inventario ilustrado de animais con cola, de L. Guittienne e P.-A. Gérard (Kalandraka, 2014). Inventario ilustrado de insectos, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2015). Marte: nuestro futuro en el planeta rojo, de Leonard David (National Geographic, 2016). Inventario ilustrado das aves, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2016). Inventario ilustrado de flores, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2017). Inventario ilustrado de dinosauros, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2018). Cerráronseme os ollos, de Patrick Bard (Kalandraka, 2018). Se cerraron mis ojos, de Patrick Bard (Kalandraka, 2018). Ler o mundo, de Michèle Petit (Kalandraka, 2018). Inventario ilustrado de froitas e verduras, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2019). Soñan os androides con ovellas eléctricas?, de Philip K. Dick (Kalandraka, 2019). Confesións dun artista de merda, de Philip K. Dick (Kalandraka, 2020). Zoocities, animais salvaxes na cidade, de Jöelle Zask (Kalandraka, 2022). Inventario ilustrado de rochas e minerais, de Virginie Aladjidi (Kalandraka, 2024).

Notas

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1976 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Vigo