Paul Jackson Pollock, nado en Cody, Wyoming, o 28 de xaneiro de 1912 e finado en Springs, Nova York, o 11 de agosto de 1956 foi un pintor estadounidense, referencia no movemento do expresionismo abstracto.

Traxectoria Primeiros anos Jackson Pollock naceu en Cody, Wyoming en 1912, o máis novo de cinco irmáns. Os seus pais, Stella May McClure e LeRoy Pollock, naceron e creceron en Tingley, Iowa e estudaron en Tingley High School. O seu pai nacera co apelido McCoy, mais tomou o apelido dos seus pais adoptivos, veciños que o acolleron trala morte dos seus pais biolóxicos. LeRoy Pollock era granxeiro e logo agrimensor para o goberno, pasando por varios traballos. A súa nai, orgullosa da súa familia de tecedores, confeccionou e vendeu vestidos de adolescentes. En novembro de 1912 Stella levou os seus fillos a San Diego; Jackson tiña só dez meses e nunca volveu a Cody. Criouse en Arizona e Chico (California).

Mentres vivía en Echo Park, California, entrou no Manual Arts High School dos Ánxeles, do que foi expulsado. Xa en 1928 fora expulsado doutro instituto. Durante os seus primeiros anos, Pollock estudou a cultura dos nativos americanos mentres viaxaba co seu pai.

En 1930, seguindo o seu irmán máis vello Charles Pollock, mudouse a Nova York, onde ambos os dous estudaron con Thomas Hart Benton na Art Students League. A temática rural de Benton tivo pouca influencia na obra de Pollock, pero o seu uso rítmico da pintura e a súa feroz independencia si permaneceron. A principios da década de 1930, Pollock pasou un verano viaxando polo oeste estadounidense co seu compañeiro Glen Rounds e o seu profesor Benton.

Carreira Pollock comezou co uso da pintura líquida en 1936 nun obradoiro en Nova York co muralista David Alfaro Siqueiros. Despois usou pingas de pintura como unha das súas técnicas en lenzos a principios da década de 1940, como en Male and Female e Composition with Pouring I. Tras mudarse a Springs, comezou a pintar coas súas teas colocadas no chan do estudio, e desenvolveu o que se chamou dripping ("gotexamento"), técnica de pintura creada por Max Ernst, na cal pingaba a tinta sobre as súas inmensas teas: as pingueiras escorregaban formando trazos harmoniosos e parecían entrelazarse na superficie da tea.

Entre 1938 e 1942 traballou para WPA Federal Art Project. Durante este tempo intentou combater o seu alcoholismo e de 1938 a 1941 tratouse con psicoterapia jungiana co Dr. Joseph Henderson e coa Dra. Violet Staub de Laszlo en 1941–42. Henderson enganchouno coa arte, animándoo a debuxar. Os conceptos e arquetipos jungianos foron expresados nas súas pinturas.

Pollock asinou un contrato con Peggy Guggenheim en xullo de 1943. Recibiu dela a encarga de crear Mural (1943), que mide aproximadamente 2,44×6 metros para a súa nova casa. Por suxestión do seu amigo e conselleiro Marcel Duchamp, Pollock pintou a obra sobre tea en lugar de sobre a parede para que puidese transportarse. Tras ver o gran mural, o crítico de arte Clement Greenberg escribiu: "Boteille un ollo e pensei, 'Agora isto é grande arte', e souben que Jackson era o maior pintor que este país producira".Jackson Pollock, Mural (1943) University of Iowa Museum of Art, Iowa City. O catálogo que presentaba a súa primeira exposición describía o talento de Pollock como "...volcánico. Ten lume. É impredicible. É indisciplinado. Esparéxese del mesmo nunha prodigalidade mineral, aínda non cristalizada".Sweeney, James Johnson, Catalog- Introduction- Pollock's First Exhibition, New York, 1943.

Casou coa pintora Lee Krasner en 1945, que se converteu nunha importante influencia na súa carreira e no seu legado.

Pollock foi moi importante para o dripping; o cadro "UN" é un exemplo desa técnica. Pintaba coa tea colocada no chan para se sentir dentro do cadro. Pollock partía do cero: da pingueira de tinta que deixaba caer na tea elaboraba unha obra de arte. Alén de deixar de lado o cabalete, Pollock tampouco usaba pinceis.

A arte de Pollock combina a simplicidade coa pintura pura e as súas obras de maiores dimensións posúen características monumentais que exemplifican o seu estilo. Con Pollock comeza o auxe da "pintura de acción" (action painting). A tensión ético-relixiosa por el vivida impeleuno aos pintores da Revolución mexicana. A súa esfera da arte é o inconsciente: os seus signos son un prolongamento do seu interior. A pesar de ter o seu traballo recoñecido e con exposicións por varios países do mundo, Pollock nunca saíu dos Estados Unidos.

Últimos anos miniatura|Tumba de Pollock xunto á de Krasner en Green River Cemetery En 1955, Pollock pintou Scent e Search, as súas dúas últimas pinturas.Abstract Expressionism in 1955 . Retrieved August 28, 2009. Non pintou nada en 1956, senón que estaba a facer esculturas na casa de Tony Smith: construcións de arame, tea metálica e xeso. Modeladas con fundido en area, tiñan texturas semellantes ás que Pollock adoitaba crear nas súas pinturas."Jackson Pollock & Tony Smith: Sculpture, An Exhibition on the Centennial of their Births, September 7 - October 27, 2012", Matthew Marks Gallery, New York.

A relación entre Pollock e Krasner comezou a derrubarse en 1956, debido á continua loita de Pollock contra o alcoholismo e á súa infidelidade con Ruth Kligman.Rose, Barbara. Lee Krasner: A Retrospective. New York: The Museum of Modern Art, 1983. pg. 95 O 1 de agosto de 1956, ás 10:15 pm, Pollock morreu nun accidente ocorrido a menos dunha milla da súa casa mentres conducía o seu Oldsmobile baixo os efectos do alcohol. Unha das pasaxeiras, Edith Metzger, tamén morreu no accidente, mentres que a outra pasaxeira, a artista Ruth Kligman, sobreviviu.Varnedoe, Kirk and Karmel, Pepe, Jackson Pollock: Essays, Chronology, and Bibliography, Exhibition catalog, New York: The Museum of Modern Art, Chronology, p. 328, 1998, Nese momento Krasner estaba a visitar un amigos en Europa e volveu rapidamente cando oíu a nova por un amigo.

O resto da súa vida a súa viúva Lee Krasner encargouse da propiedade e asegurouse que a reputación de Pollock permanecese forte a pesar dos cambios na moda da arte. A parella está enterrada en Green River Cemetery en Springs.

Listaxe dos principais traballos 1942: "Male and Female" - Museo de Arte Antiga 1942: "Stenographic Figure" 1943: "Moon-Woman Cuts the Circle" 1943: "Blue (Moby Dick)" - Museo de Arte de Andaluz 1946: "Eyes in the Heat" - Colección Peggy Guggenheim 1946: "The Key" - Instituto de Arte de Chicago 1946: "The Tea Cup" - Colección Frieder Burda 1946: "Shimmering Substance", de "The Sounds In The Grass" - Museo de Arte Moderna 1947: "Full Fathom Five" - Museo de Neuberger 1947: "Cathedral" 1947: "Convergence" 1948: "Painting" 1948: "Number 8" 1948: "Summertime: Number 9A" - Tate Modern 1950: "Lavender Mist: Number 1, 1950" - National Gallery of Art 1950: "Autumn Rhythm: Nº 30, 1950" 1950: "One: Nº 31, 1950" 1951: "Number 7" 1952: "Blue Poles: Nº 11, 1952" 1953: "Easter and the Totem" - Museo de Arte Moderna 1953: "Ocean Greyness"

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Jackson Pollock no Webmuseum Paris "Expresionismo Fractal", por Richard Taylor [Pollock na Galería Nacional de Arte dos Estados Unidos Colección de Pollock no Guggenheim Nova York Casa e Centro de Estudos Pollock-Krasner Fundación Pollock-Krasner Artigo "Jackson Pollock - and True and False Ambition: The Urgent Difference" por Dorothy Koppelman Poles Jackson Pollock", por Miltos Manetas

Categoría:Pintores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Wyoming Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1956 Categoría:Pintores expresionistas Categoría:Alumnos da Art Students League of New York