BRA Braathens Regional Airlines é unha aeroliña sueca de propiedade norueguesa fundada en 2016 e unha das aeroliñas domésticas máis grandes en Suecia. Porén, os operadores reais de todos os seus voos son as compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation. A marca BRA é a sucesora de Malmö Aviation e Sverigeflyg. A compañía ten a súa sede en Estocolmo. BRA suspendeu todas as súas operacións o 6 de abril de 2020.

Historia BRA Braathens Regional Airlines fundouse no ano 2016 co propósito de unificar as aparencias distintas que anteriormente tiñan Malmö Aviation e Sverigeflyg e ofrecer unha única marca no mercado doméstico sueco. BRA non ten ningún control operacional aeronáustico ou ningún avión seu. En vez diso usa as competencias das súas compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation.

A principios de abril de 2020 BRA suspendeu todos os seus voos entre o 6 de abril e o 31 de maio en resposta a un brusco descenso da demanda polas recomendacións do goberno sueco e a axencia pública de saúde de que a xente non viaxase pola pandemia da COVID-19.

BRA presentou nos xulgados unha reestruturación da débeda o 6 de abril de 2020 e cesou as súas operacións ata novo aviso. A aeroliña reduciu o seu persoal de 600 a 20 traballadores e todos os seus avións están no presente estacionados no aeroporto de Norwich City, no Reino Unido.

Frota En marzo de 2020 a frota de BRA Braathens Regional Airlines estaba formada polos seguintes avións:

+ BRA Braathens Regional AirlinesAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotesATR 72-5002—72Operados por Braathens Regional AirwaysATR 72-60012172Operados por Braathens Regional AirwaysEmbraer E19032 100Operados por WDL AviationFokker 503—50Operados Amapola FlygTotal25—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Suecia