Javier Gallego «Crudo», nado en Madrid en 1975 é un xornalista, músico e poeta español. Especialmente coñecido por dirixir e presentar o programa Carne cruda.Carne Cruda – Quiénes somos. eldiario.es.
Traxectoria Javier Gallego é licenciado en Xornalismo e máster en radio pola Universidade Complutense de Madrid. Presentou diversos programas radiofónicos como De 9 a 9 y media na Cadena SER, No somos nadie en M80 Radio ou Especia Melange en Radio 3, onde tamén participou no equipo de produción do serial Cuando Juan y Tula fueron a Siritinga, dirixido por Carlos Faraco, durante a dirección de Federico Volpini.Entrevista al director de Carne Cruda 2.0. Periodista Digital. 3 de abril de 2013. En televisión, conduciu xunto Pepa Bueno Esta mañana en TVE e guionizou Caiga Quien Caiga en LaSexta.La Ser rescata a Javier Gallego y su 'Carne Cruda'. El Mundo. 2 de xaneiro de 2013.
Desde 2009 dirixe Carne cruda,RNE consolida sus 'programas estrella' y refuerza su presencia en Internet con una web renovada. RTVE. 28 de agosto de 2009. recibindo o Premio Ondas 2012 ao mellor programa de radio.Premio Ondas para Carne Cruda, programa eliminado con la nueva RTVE. Huffington Post. 7 de novembro de 2012
Ademais do seu traballo en medios de comunicación, é batería da banda Forasteiro e gravou cinco discos cos grupos Dead Capo, Insecto e My Criminal Psycholovers. Tamén escribiu varios libros de poemas e colaborado noutras tantas publicacións.
Libros El grito en el cielo (2016). Abolición de la pena de muerte (2013). Lo llevamos crudo (2012).
Colaboracións
Reaccionados: propuestas económicas, sociales y legales para hacer posible otro mundo (2015). El relaxing café con leche e otros hitos de la marca España (2013). Simpatía por el relato: antología de cuentos escritos por rockeros (2010). Trelatos. Ficcionario de Radio 3 (2003).
Notas
Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1975