Soiuz 14 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 3 de xullo de 1974 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características A misión da Soiuz 14, cos cosmonautas Pavel Popovich e Iuri Artiukhin a bordo, foi acoplarse coa estación militar Saliut 3 e facer diversas probas nela. A tripulación, unha vez na estación, adicouse a facer observacións da Terra e avaliar a súa utilidade militar e a facer experimentos biolóxicos e médicos.
Tras case 16 días en órbita, tendo cumpridos os seus obxectivos, a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 140 km ao sueste de Dzhezkazgan o 19 de xullo de 1974.
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 11A511 Saliut 3 Soiuz 10 Soiuz 11 Soiuz 12 Soiuz 13
Notas
Categoría:Programa Soiuz