Komsomolsk-na-Amure (en ) é unha cidade do krai de Khabarovsk, en Rusia, que se atopa na beira esquerda do río Amur no Extremo Oriente ruso. Atópase a 356 km ó nordeste de Khabarovsk. Segundo o censo de 2010, ten unha poboación de 263 906.

Historia En chinés, a cidade é tamén coñecida como 瓦伦. O territorio orixinal da súa localización formou parte dunha rexión da China Imperial, a rexión na que se constitúe a cidade caeu no seo da Rusia Imperial a partir da sinatura do Tratado de Aigun en 1858.

A cidade foi fundada en 1932 e converteuse, baixo a dirección da Mocidade Comunista Komsomol nun importante centro industrial.

Durante o século XX, a cidade foi ampliada e especializada en diversos sectores: a metalurxia, a enxeñaría, o refinado de petróleo, a construción naval. A construtora aeronáutica Sukhoi tamén é un importante xerador de empregos na cidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Rusia