Os tupís foron un dos máis importantes pobos indíxenas do Brasil. O sentido xenérico do termo remite ós indíxenas que habitaban na costa brasileira no século XVI e que falaban a lingua tupí antiga. O sentido específico do termo remite ós indíxenas que habitaban na rexión da actual cidade de São Vicente, na mesma época.NAVARRO, E. A. Método moderno de tupi antigo: a língua do Brasil dos primeiros séculos. 3ª edição. São Paulo. Global. 2005. p. 11,12. Os estudosos cren que primeiro estaban asentados na selva amazónica, pero o -900 comezaron a espallarse cara ao sur e a ocupar gradualmente a costa atlántica.
Orixe miniatura|esquerda|280px|Distribución dos grupos indíxenas na costa do Brasil no século XVI. A maior parte deles (mais non todos) eran do grupo tupí. Estudos demostran que os tupís terían habitado orixinalmente os vales dos ríos Madeira e Xingu, que son afluentes da beira meridional do río Amazonas.BUENO, E. Brasil: uma história. 2ª edição. São Paulo. Ática. 2003. p.19. Estas tribos, que sempre foran nómades, terían iniciado unha migración en dirección á foz do río Amazonas e, dende alí, polo litoral e cara ó sur. Suponse que esta migración, que tamén se produciu no interior do continente no sentido norte-sur, tería comezado a comezos da era cristá.
Nunha hipótese alternativa, o folclorista Luís da Câmara Cascudo sinala a rexión dos ríos Paraguai e Paraná como o centro orixinal da dispersión dos tupís-guaranís (incluíndo o pobo guaraní xunto cos tupís).CASCUDO, L. C. Geografia dos mitos brasileiros. 3ª edição. São Paulo. Global. 2002.
Algúns autores sospeitan que, nesta traxectoria, os tupís se enfrontaron ós tupinambas, que xa habitaban o litoral; outros sustentan que só se trataba de levas sucesivas do mesmo pobo, os posteriores encontrando os anteriores xa estabelecidos. Certo é que, nese processo, as tribos tupís derrotaron as tribos tapuias que xa habitaban o litoral brasileiro, expulsándoas, entón, para o interior do continente, por volta do ano 1000.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Linguas tupís