Juan Pinzás Cerqueira, nado en Vigo o 26 de novembro de 1955Ficha en IMDb. é un guionista, produtor e director de cinema galego.
Traxectoria Estudou no Instituto de Estudos Electrónicos de Vigo para logo marchar a Madrid, onde rodou filmes en Super 8. O cineasta Ismael González Díaz contratouno como actor e axudante de dirección, co que conseguiu produción para a curtametraxe Opus I Homo Hominis. En 1982 fundou xunto á súa esposa Pilar Sueiro a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films), así como Atlántico Films en 1984.
En 1986 conseguiu dirixir a súa primeira longametraxe, La gran comedia, con Rosalía Dans, José Luis López Vázquez e Luis Escobar. Tardaría cinco anos en poder realizar o seu segundo filme.
En 2000 converteuse no único director español que se adheriu aos postulados artísticos do Dogma 95 cos que rodou unha triloxía de filmes iniciada con Era outra vez.
É o pai do compositor de bandas sonoras Juan Manuel Sueiro.
Filmografía Longametraxes 1985: La gran comedia. Exhibida no Festival Internacional de Cine de San Sebastián. 1991: O xogo das mensaxes invisibles, con Antonio Ferrandis, adaptación da novela de Álvaro Pombo El hijo adoptivo. Premio Glauber Rocha ao Mellor Filme no Festival Internacional de Cinema de Figueira da Foz. 1995: La leyenda de la doncella. Colón de Prata do Festival de Cine Iberoamericano de Huelva. 2000: Era outra vez. Primeiro filme da triloxía Dogma. 2002: Días de voda, segundo filme da triloxía Dogma. Mellor director e actor (Javier Gurruchaga) nos Premios ACE. 2005: O desenlace, última da triloxía Dogma. Premio Especial do Xurado de LaCinemaFe (Latin American Cinema Festival), mellor actor nos premios ACE José Sancho, mellor guión no Miami Latin Film Festival. 2009: Las imágenes perdidas. La otra mirada (documental no que participaron Paul Naschy e Javier Gurruchaga). 2013: New York Shadows.Sinopse en Atlántico Films Con Lindsey Ireland e Javier Gurruchaga).
Curtametraxes En Super 8 (1977-1980) Mónica Aconteceu en Galicia O derradeiro Fiana Amanece en Vigo Reflexión Ensueños
En 35 mm Opus I Homo Hominis (1981), mención especial no Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxes de Bilbao. Augurio Virginal Vestida de fiesta Una historia gallega El tubo de rayos catódicos Cien puntos para Julián Pintos La tercera mujer Añoranzas Juego decisivo La esfera Gula Mujer, mujer Carmín Hechizo El rito Muñeca de azul Cinefilia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na páxina oficial da produtora Atlántico Films.
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes