Antonio de la Torre Muñoz, nado en Marín o 4 de xullo de 1939 e finado na mesma vila o 18 de setembro de 2017"Loito no deporte marinense polo falecemento do ex-futbolista Tucho de la Torre", artigo en Pontevedra Viva, 19 de setembro de 2017., foi un futbolista galego, que xogaba como centrocampista, coñecido como Tucho de la Torre.
Traxectoria Comezou a xogar na categoría infantil no campo da Escola Naval Militar de Marín. Con 13 anos emigrou coa súa familia a Venezuela, onde xogou nos equipos Colonia Canaria e Banco Obrero. Nesa etapa foi disputou un torneo en Haití. Na súa mocidade practicou tamén boxeo, natación e esgrima.
Con 17 anos regresou a Galicia, e na campaña 1957-58 fichou polo Celta de Vigo, se ben foi cedido ao Racing de Ferrol. Na tempada seguinte debutou co equipo vigués, se ben descenderon a segunda división. Na tempada 1959-60 o equipo rematou segundo na liga regular, e antes dos partidos da promoción de ascenso anunciouse o seu traspaso ao Sevilla FC xunto con Juan Manuel, por un pago dun millón e medio de pesetas polos dous xogadores. Xogou en primeira división co Sevilla e logo pasou ao equipo filial. Despois fichou polo Real Zaragoza, Deportivo da Coruña, CD Badajoz e Cádiz CF.
Retirada e recoñecemento Despois de deixar o fútbol dedicouse á hostalaría. En 1970 abriu na súa vila natal a cafetería Xeitosa, na que traballou até a súa xubilación en febreiro de 2006. En 2015 o concello de Marín concedeulle un dos seus premios aos mellores deportistas locais en recoñecemento á súa traxectoria e ao seu apoio ao deporte base. Desde este ano a Escola de Fútbol Vila de Marín organiza un torneo de fútbol-8 prebenxamín e benxamín que leva o seu nome.
Equipos Racing de Ferrol (1957-58; 2ª División; cedido polo Celta) Celta de Vigo (1958-60) Sevilla FC (1960-61; primeira división) Sevilla Atlético (1961-62; 3ª división) Real Zaragoza (1962-63; 1ª división) Deportivo da Coruña (1963-64; 2ª división) Racing de Ferrol (1964-65; 3ª división) CD Badajoz (1965-66; 2ª división) Cádiz CF (1966-70; 2ª e 3ª división)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Tucho de la Torre, ficha en Yo jugué en el Celta . Tucho de la Torre, ficha en BDFútbol .
Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Futbolistas de Marín Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Cádiz CF Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do Real Zaragoza