Acontecementos Asia Os mongois conquistan o Tíbet.
Europa Sancho II abdica e o seu irmán, Afonso III, sobe ao trono de Portugal Inicia o seu reinado Guillerme de Holanda (1227-1256), emperador románico xermánico (até a súa morte) 27 de xullo - Haakon IV é coroado rei de Noruega en Bergen polo cardeal Guillerme de Sabina. Brandr Jónsson, abade de Thykkvabær (até 1262) e futuro bispo de Hólar, que aspira á paz, milita pola submisión da Islandia á coroa norueguesa. Nace o Parlamento de París: o crecemento das prerrogativas reais no dominio xudicial obriga a unha parte da corte a reunirse en sesións temporais e a se dotar de conselleiros e xuíces. O rei Bela IV da Hungría establece os cabaleiros de San Xoán de Xerusalén na Valaquia para enfrontarse aos tátaros.
Oriente Próximo O sultán do Exipto Malik al-Salih Ayyoub retoma Ascalón e a Galilea oriental. Señor de Damasco, restablece a súa soberanía sobre Homs, loitando polo control da Siria co seu curmán, señor de Alepo.
Arte e cultura Vidal de Canellas termina a recompilación de leis forais aragonesas, coñecida como "Compilación de Huesca".
Nacementos Zhang Sanfeng, monxe taoista chinés Rashid al-Din, político persa (m. 1318) Roberto III de Flandres, conde de Nevers e Flandres (m. 1322).
Mortes Conrado I de Mazovie
Historia ano a ano
Categoría:1247