Soiuz 8 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 13 de outubro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz 8, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas Vladimir Shatalov (comandante) e Aleksei Ieliseiev a bordo, foi unha nave lanzada para voar en formación coas Soiuz 6 e Soiuz 7 no que sería o primeiro voo simultáneo de tres naves espaciais.
As naves foron lanzadas secuencialmente e atopáronse no espazo, pero un problema na electrónica de todas elas debido a unha remesa de pezas defectuosas impediu o acoplamento entre as Soiuz 7 e 8, que ía ser gravado pola Soiuz 6. A cápsula tripulada volveu a terra o 18 de outubro de 1969 ás 9:10 GMT.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 6 Soiuz 7
Categoría:Programa Soiuz