O aeroporto de Lión-Saint Exupéry (IATA: LYS, ICAO: LFLL), anteriormente coñecido como aeroporto de Lión-Satolas, é o aeroporto internacional de Lión, a terceira cidade máis grande de Francia e un importante centro de transporte para toda a rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Atópase en Colombier-Saugnieu, a 20 km ao sueste do centro de Lión. No ano 2017 usaron o aeroporto un total de 10 280 192 pasaxeiros.

Historia Primeiros anos O aeroporto foi inaugurado polo presidente Valéry Giscard d'Estaing o 22 de abril de 1975 e abriuse para os pasaxeiros unha semana despois. Deseñouse para substituír o antigo aeroporto de Lión-Bron, que non podía ampliarse xa que estaba situado nunha área urbana.

No ano 1994 a liña de alta velocidade LGV Ródano-Alpes comezou a dar servizo ao aeroporto, proporcionándolle trens directos a París e Marsella. Dende 1997 vén sendo unha cidade focal para a aeroliña Air France.

Desenvolvemento dende os anos 2000 O aeroporto inicialmente chamouse aeroporto de Lión-Satolas, pero no ano 2000 tanto o aeroporto como a estación de tren bautizáronse na honra do pioneiros da aviación e escritor lionés Antoine de Saint-Exupéry ao cumprirse o centenario do seu nacemento.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Lión