Afonso de Aragón, tamén coñecido como Alonso de Aragón, nado en Cervera en 1470 e finado en Lécera, Reino de Aragón, o 24 de febreiro de 1520, foi un cardeal español que ostentou os cargos de arcebispo de Valencia, vicerrei de Aragón e arcebispo de Zaragoza.
Traxectoria Foi o primeiro fillo natural do rei Fernando o Católico e de Aldonza Ruiz de Ivorra,Reis de Aragón en Medieval Lands Casa de Ivrea - genealogy .Afonso de Aragón e PEDIGREE .Fernando II de Aragón xenealoxía en mittelalter . nobre catalá, pertencente ás casas dos señores de Portell de Morella e de Les Fenolleres. Naceu na vila de Cervera.Morales Roca, Francisco José: Prelados, Abades Mitrados, Dignidades capitulares y Caballeros de las Órdenes militares habilitados por el brazo eclesiástico en las Cortes del Principado de Cataluña: dinastías de Trastámara y de Austria. Siglos XV y XVI(1410-1599), pp. 88 e 89.
Afonso de Aragón destacou máis no plano político que no eclesiástico, xa que a súa carreira relixiosa non foi máis que a continuidade de que a Igrexa aragonesa estivera rexida por algún membro da casa real. Así, á morte do arcebispo de Zaragoza, Xoán de Aragón, fillo ilexítimo do rei Xoán II, este propuxo que o seu neto de cinco anos o sucedera pero, debido á súa curta idade e pola oposición da Santa Sé á política de control da Igrexa aragonesa dese rei, o papa Sisto IV designou ao valenciano Ausias Despuig. Porén, as presións continuaron e, tras a renuncia de Despuig, o papa confirmou a Afonso como arcebispo tres anos despois, en 1478.
Foi ordenado sacerdote o 7 de novembro de 1501 polo bispo de Calahorra, Xoán de Ortega. Non celebrou máis misa que a do día da súa ordenación, recibindo a consagración episcopal o día seguinte, 8 de novembro de 1501, polo mesmo prelado.D. Alfonso de Aragón (1512-1520) na web do Arcebispado de Valencia .
En 1505 foi nomeado arcebispo do vasto estado feudal de Monreale, en Sicilia, renunciando en 1512.Del Giudice, Michele (1702): Historia ecclesia Montis Regalis. Palermo, p. 92. En 1507 foi designado lugartenente xeral do rei (vicerrei) no reino de Nápoles, en substitución de Gonzalo Fernández de Córdoba.
A instancias do seu pai, o rei Fernando II, o papa Xulio II nomeou a Afonso de Aragón arcebispo de Valencia o 23 de xaneiro de 1512. Tomou posesión desta arquidiocese por medio do seu procurador, Gil Español, o día 4 de abril de 1512, previa autorización concedida ante o notario Gaspar Barrachina en Zaragoza, en data do 25 de marzo de dito ano. Residiu normalmente en Zaragoza, non visitando nunca a diocese de Valencia, na que tivo como bispo auxiliar ao franciscano Lluís Guillem. Nese mesmo ano de 1512 mandou as tropas que cercaron e renderon a cidade de Tudela na conquista de Navarra pola Coroa de Aragón, cando aínda non autorizaran a mesma nin as Cortes de Aragón nin a cidade de Zaragoza.
Ao morrer o seu pai en 1516, este, no seu testamento, deixouno como lugartenente xeral de Aragón, cos demais territorios da Coroa de Aragón, até a chegada á península, procedente de Flandres, do seu sobriño Carlos, como gobernador xeral da raíña Xoana, feito que se produciu en 1517. O comportamento que o príncipe adoptou nun principio, como rei no seu nome e no da súa nai Xoana, non foi aceptada polas institucións aragonesas, e que provocou nos Reinos de Valencia e de Mallorca a rebelión das Xermanías (1520-1522, paralela á rebelión das Comunidades de Castela. O baleiro de poder non se emendou até novembro de 1528, cando Carlos I outorgou un perdón xeral e confirmou a Afonso como lugartenente xeral do reino, cargo que ocupou até a súa morte.
A pesar de que se comportou máis como príncipe secular que da Igrexa, cumpriu correctamente coas súas obrigas de administrador eclesiástico; a este fin, convocou un Concilio Provincial que se celebrou en xuño de 1517. Aínda que estivo ausente, asistiron o bispo Auxiliar, o cabido e membros do clero. Neste Concilio tratouse principalmente da décima, taxa decretada polo papa León X para predicar a Cruzada contra os turcos. Tamén se preocupou de que se construíse o Hospital Xeral, no mesmo lugar en que se encontraba o hospital de tolos que, en 1410, fundara o padre Joan Gilabert Jofré. Afonso, como arcebispo de Zaragoza, realizou tamén importantes obras na Catedral do Salvador de Zaragoza (A Seo do Salvador).
Regresando Afonso de Aragón de Barcelona, onde moraba como vicerrei, morreu camiño de Zaragoza, o 24 de febreiro de 1520. Foi sepultado no Mosteiro de Santa Engracia, para ser posteriormente trasladado á capela maior da Catedral zaragozana.
Descendencia Con Ana de Gurrea (1470-1527) parece que tivo non menos de sete fillos: Xoán de Aragón (c. 1498-25 de novembro de 1530). Foi nomeado arcebispo de Zaragoza o 28 de marzo de 1520 cando tiña vinte e dous anos de idade. Hernando (25 de xullo de 1498-29 de xaneiro de 1575). Nomeado arcebispo de Zaragoza o 21 de maio de 1539, e vicerrei do Reino de Aragón desde 1566 até 1575. Antonio, (1552), señor de Quinto. Xoana (m. 1520), casada en Valladolid o 31 de xaneiro de 1509 con Juan de Borja e Enríquez de Luna, III duque de Gandía; foi nai, o 28 de outubro de 1510, do famoso xesuíta San Francisco de Borja, IV duque de Gandía. Martiño, señor de Argavieso (Huesca). Casado con Xoana de la Cavallería, da notábel familia De la Cavallería, de financeiros xudeus conversos, fortemente imbricada coa administración dos reis aragoneses. Afonso (m. 1552) Abade de Castillo de Montearagón. Ana, esposa de Alonso Pérez de Guzmán e Pérez de Guzmán (m. 1549), V duque de Medina Sidonia; tamén casada co seu irmán, Xoán Alonso Pérez de Guzmán e Pérez de Guzmán (1503-1558), VI duque de Medina Sidonia, con grandes intereses financeiros e pesqueiros (atúns desecados ou mojama) na zona de Tarifa no Estreito de Xibraltar e en territorios e illas de África.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Fernando II de Aragón Lista de monarcas de Aragón Sisto IV
Ligazóns externas D. Alfonso de Aragón (1512-1520) na web do Arcebispado de Valencia . Alfons d’Aragó na Gran enciclopèdia catalana . Ficha en Catholic hierarchy.
Categoría:Casa de Aragón Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Historia de Aragón Categoría:Historia de Navarra Categoría:Nados en Cervera Categoría:Nados en 1470 Categoría:Finados en 1520 Categoría:Arcebispos católicos de España Categoría:Militares de Cataluña Categoría:Políticos de Cataluña