A cistite (do grego κύστη, "quisti", e "-itis", "inflamación da vexiga") é unha inflamación, case sempre unha infección bacteriana de Escherichia coli ou Staphylococcus saprophyticus, da vexiga urinaria. A condición afecta con máis frecuencia as mulleres, pero pode afectar ambos os sexos e de todas as idades. Pódese complicar como infección de uréteres e riles ou entrada na corrente sanguínea. Tamén se pode referir a inflamacións causadas por menciñas, radioterapia, secundaria a outras doenzas ou por potenciais irritantes, tales como produtos de hixiene, espermicidas ou o uso dun catéter por longos períodos.
Síntomas Presión na parte inferior da pelve. Dor ó ouriñar (disuria). Micción frecuente (polaquiuria), ou necesidade urxente de ouriñar (urxencia urinaria). Necesidade de ouriñar durante a noite (nicturia, semellante ó cancro de próstata ou HBP). Cor ou aspecto anormal dos ouriños (terbola), semellante a unha infección urinaria. Sangue nos ouriños (hematuria) (semellante ó cancro de vexiga). Cheiro forte ou desagradable dos ouriños.
Notas
Categoría:Doenzas infecciosas