007: Goldeneye (en ) é o décimo sétimo filme de espías baseado na personaxe de James Bond. Producido por Eon Productions, é o primeiro filme da franquía protagonizado por Pierce Brosnan. Foi dirixido por Martin Campbell e é o primeiro filme cuxa historia non toma elementos da obra de Ian Fleming. A historia foi concibida e escrita por Michael France, coa colaboración posterior doutros guionistas. No filme, Bond loita para evitar que un exaxente do MI6 empregue un satélite contra Londres para provocar unha crise financeira global.

GoldenEye foi estreado en 1995, após seis anos de hiato na serie por mor de disputas legais, durante as cales Timothy Dalton renunciou ó papel de James Bond e foi substituído por Pierce Brosnan. M tamén foi substituído, e a actriz Judi Dench converteuse na primeira muller en interpretar esta personaxe, substituíndo a Robert Brown. GoldenEye foi o primeiro filme de Bond realizado despois da disolución da Unión Soviética e o remate da guerra fría, que proporcionou un bo argumento para o filme.

Sinopse Estando de vacacións, o axente 007 coñece a unha atractiva e letal asasina chamada Xenia Onatopp, que intenta conseguir os planos dun novo helicóptero militar que é invulnerábel ás interferencias. Unha programadora militar rusa chamada Natalya Simonova é a única persoa supervivente do seu equipo após un macabro plan do xeneral Arkady Grigorovich Ourumov para conseguir o satélite Goldeneye, unha arma espacial ultrasecreta capaz de emitir pulsos nucleares que poden inutilizar calquera equipo electrónico. O axente James Bond formará equipo con Natalya para descubrir aos delincuentes que cometeron o roubo e impedir que usen o Goldeneye contra Londres para causar un colapso financeiro mundial.

Personaxes Pierce Brosnan como James Bond (007) Sean Bean como Alec Trevelyan (006) / Janus Izabella Scorupco como Natalya Simonova Famke Janssen como Xenia Onatopp Joe Don Baker como Jack Wade Judi Dench como M Gottfried John como Xeneral Arkady Grigorovich Ourumov Robbie Coltrane como Valentin Dmitrovich Zukovsky Alan Cumming como Boris Grishenko Tchéky Karyo como Dmitri Mishkin Desmond Llewelyn como Q Samantha Bond como Miss Moneypenny Michael Kitchen como Bill Tanner Minnie Driver como Irina Serena Gordon como Caroline

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Martin Campbell Categoría:Filmes sobre informática Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes rodados en Inglaterra Categoría:Filmes rodados en Francia Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Mónaco Categoría:Filmes rodados en Porto Rico Categoría:Filmes rodados en Rusia Categoría:Filmes rodados en San Petersburgo Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes ambientados en Siberia Categoría:Filmes ambientados en San Petersburgo Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en Cuba Categoría:Filmes ambientados en Mónaco Categoría:Filmes ambientados en 1986 Categoría:Filmes ambientados en 1995 Categoría:Filmes de James Bond Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1995 con versión en galego