Drest foi un rei dos pictos dende 724 até 726. Sucedeu a Nechtan mac Der-Ilei cando este abdicou e entrou nun mosteiro en 724. Nin nos anais do Ulster nin nos Anais de Tigernach se nomea o pai de Drest. A versións máis antigas da lista de reis da crónica picta sinxelamente nomean a "Drest e Elpin" como reis despois de Nechtan. Porén, unha versión posterior, que inclúe o segundo reinado de Nechtan en 728–729, menciona o pai de Drest como Talorgan.

Categoría:Reis dos pictos Categoría:Finados en 729