A illa Brock (en inglés: Brock Island) é unha illa que se atopa na parte occidental das illas da Raíña Isabel no arquipélago ártico canadense, forma parte dos Territorios do Noroeste do Canadá. A illa ten 764 km² (a 59ª do país e 9ª dos Territorios do Noroeste) e está ao oeste da illa Mackenzie King.
A superficie da illa é plana (a elevación máis alta é de 67 metros), a súa forma é aproximadamente cadrada (de 41 a 39 km).
Do mesmo xeito que a illa King Mackenziey e a illa Borden descubríuse polos europeos por primeira vez por Vilhjalmur Stefansson durante a expedición ártica do Canadá entre 1913-1918.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas deshabitadas Categoría:Illas da Raíña Isabel Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá