Dhogs é un filme independente galego en lingua galega dirixido polo meirense Andrés Goteira que se estreou no ano 2017. Trátase do primeiro filme do director, e está protagonizado por Carlos Blanco, Antonio Durán "Morris", Miguel de Lira, Melania Cruz, Iván Marcos e María Costas. Estreouse no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires (BAFICI) o 19 de abril de 2017, competindo dentro da sección Vangarda e Xénero deste certame. Trátase do primeiro filme rodado en galego que se estrea no festival de Sitges, o 9 de outubro de 2017. A nivel galego a estrea levouse a cabo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF) o 21 de outubro de 2017. O primeiro pase para o público (fóra dun festival), previo á estrea en salas comerciais proxectada para o 17 de maio de 2018, foi no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 15 de marzo de 2018.

Sinopse O filme conecta seis historias paralelas que xiran arredor de diferentes personaxes: unha muller fermosa, un home cunha vida escura, un taxista e un vello ex-militar.

Produción O filme contou con financiamento de AGADIC e da Deputación de Lugo, pero tamén se conseguiu parte do orzamento do filme a través da plataforma Verkami, con máis de 400 mecenas. Rodouse en varias localizacións de Galicia, como Viveiro, As Pontes, Oleiros e A Coruña, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo 2017 Dhogs gañou trece premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor actor secundario e mellor actriz secundaria, converténdose no filme máis premiado da historia dos premios. Estaba nomeado a 17 premios en 14 categorías. Categoría Persoa ResultadoMellor longametraxeGañadoraMellor directorAndrés GoteiraGañadorMellor actorIván MarcosGañadorMellor actrizMelania CruzGañadoraMellor actor secundarioAntonio Durán "Morris"GañadorMellor actor secundarioCarlos Blanco VilaNomeadoMellor actor secundarioMiguel de LiraNomeadoMellor actriz secundariaMaría CostasGañadoraMellor guiónAndrés GoteiraGañadorMellor dirección de produciónSuso LópezGañadorMellor dirección artísticaNoelia VilaboaGañadorMellor montaxeAndrés Goteira e Juan GaliñanesGañadorMellor música orixinalGermán DíazGañadorMellor sonDavid Machado e Javier PatoGañadoresMellor fotografíaLucía Catoira PanGañadoraMellor maquillaxe e peiteadoAna CoyaNomeadaMellor deseño de vestiarioMaría PortoNomeada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Andrés Goteira Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes rodados na Coruña Categoría:Filmes rodados en Viveiro Categoría:Filmes rodados en Oleiros Categoría:Filmes rodados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Filmes rodados en Almería Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme