Pascal Boniface, nado en París o 25 de febreiro de 1956, é un politicólogo francés.

Traxectoria Graduado do Instituto de Estudos Políticos de París, está doutorado en dereito internacional público. Traballou entre 1986 a 1988 para o grupo parlamentario socialista na Asemblea Nacional francesa. En 1990 creou o Instituto de Relacións Internacionais e Estratéxicas (IRIS), un dos centros de investigación franceses principais nestes campos. Ó tempo, entre 1988 e 1992, foi conselleiro nos equipos de Jean-Pierre Chevènement, ministro de defensa, e despois de Pierre Joxe, ministro do interior e da defensa.

Ensinou no Instituto de Estudos Políticos de Lille e de París, e actualmente do Instituto de Estudos Europeos da Universidade de París VIII.

Categoría:Politicólogos Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1956