Uuen (Wen) ou Eogán en gaélico (xeralmente referido co hipocorístico Eóganán) foi un rei dos pictos dende 837 até 839. Uuen era fillo de Onuist II [fillo de] Uurguist [Wrguist] (en gaélico: Óengus II mac Fergusa, morto en 834) e sucedeu ó seu curmán Drest mac Caustantín como rei en 836 ou 837. A única mención a Uuen nos anais irlandeses é a da súa morte, xunto co seu irmán Bran e "Áed mac Boanta, e outros case innumerables" na batalla dos homes de Fortriu contra os viquingos en 839.Mencionado nos Anais do Ulster, s.a. 839. Esta derrota semella que supuxo a fin dun século de dominio entre os pictos dos descendetes de Onuist I [fillo de] Wrguist (en gaélico: Óengus I mac Fergusa).Broun, "Pictish Kings", p. 75.; Clancy, "Caustantín"; Smyth, pp. 180–181.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 839 Categoría:Reis dos pictos