Condor Flugdienst GmbH, comercializada como Condor, é unha aeroliña de vacacións alemá baseada en Frankfurt. Opera voos regulares a destinos de lecer no Mediterráneo, Asia, África, Norteamérica, Suramérica e o Caribe. A súa base principal atópase no aeroporto de Frankfurt, dende a cal saen a meirande parte dos seus voos de longa distancia. Ten ademais bases secundarias para voos mediterráneos nos aeroportos de Múnic (de onde tamén parten voos de longa distancia), Hamburgo, Hannover, Düsseldorf, Stuttgart, Leipzig/Halle e Berlín-Schönefeld.
Condor é a terceira aeroliña alemá máis grande en tamaño de frota e pasaxeiros transportados. É unha subsidiaria do Thomas Cook Group británico, pero aínda comparte co seu antigo dono, Lufthansa, o seu programa de viaxeiro frecuente Miles & More, e as súas salas business no aeroporto de Frankfurt. Condor Airlines é tamén socio do Mileage Plan de Alaska Airlines.
Frota En agosto de 2017 a frota de Condor estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de CondorAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasBY+YTotalAirbus A320-2009——24156180Airbus A321-2007——24186210196220Boeing 757-30010——26249275Boeing 767-300ER16—1835205258180233Total 42 —
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Notas
Categoría:Aeroliñas de Alemaña