Filipe III de Navarra, tamén coñecido como Filipe de Évreux ou Filipe o Nobre, nado o 27 de marzo de 1306 e finado en Jerez de la Frontera o 16 de setembro de 1343, conde de Évreux e de Longueville, e rei de Navarra (por jure uxoris).Polo dereito da súa muller
Foi o terceiro vástago e segundo varón de Lois de Évreux e de Margarida de Artois. A través do seu pai era descendente do rei San Lois de Francia e, a través da súa nai, de Lois VIII de Francia.
Traxectoria
En 1319, a morte de seu pai converteu o seu irmán máis vello, Carlos, en herdeiro do Condado de Etampes, mentres que el herdaría o de Évreux, en Normandía. No ano anterior, con data 18 de xuño, e co beneplácito do seu primo o rei Filipe V de Francia, contraeu nupcias coa orfa Xoana II de Navarra, filla de Lois X de Francia e da súa primeira esposa Margarida de Borgoña, que fora afastada da sucesión ao trono francés en virtude da lei sálica (e das sospeitas de bastardía que recaían nela), pero á cal as Cortes de Navarra si recoñeceran como herdeira.
Ao morrer en 1328 Carlos IV de Francia, tamén rei de Navarra, o novo rei Filipe VI fixo valer os dereitos de Xoana e, xunto a Filipe, foron ambos os dous coroados na catedral de Pamplona o 5 de marzo de 1329 como Xoana II e Filipe III, reis de Navarra.
As Cortes de Navarra admitiron que Filipe exercese o goberno, aínda que debería cederllo ao seu primoxénito cando cumprira os 21 anos. Pero máis interesados nos asuntos e a política francesa, sobre todo en canto ao que significase Normandía, os novos monarcas non tardaron en abandonar Pamplona, gobernando o reino por intermedio de lugartenentes franceses.
Antes de ser coroados na capital do reino pirenaico, Filipe de Évreux combateu na campaña flamenga de Filipe VI e tamén participou na batalla de Cassel. Igualmente estivo presente canda o rei francés en Amiens, cando o fillo da súa prima Isabel de Francia, Eduardo III de Inglaterra, rendeu homenaxe a Filipe VI polas súas posesións en Aquitania.
En 1331 o rei de Navarra visitou Aviñón onde, co rei de Francia, ambos os dous recibiron a cruz do papa para ir á cruzada xunto co rei de Aragón e o de Bohemia. Porén, esta cruzada nunca se realizaría.
Iniciada a guerra dos Cen Anos púxose de parte de seu primo Filipe VI de Francia, e co rei escocés (David II) e o bohemio (Xoán I) loitaron en Tournai e Cambrai.
Sendo Navarra un reino ibérico, tamén prestou atención aos problemas que ocorrían na península, e participou na Reconquista, aliado do rei Afonso XI de Castela, contra o Reino de Granada, tomando parte no asedio de Alxeciras en (1343), onde foi ferido gravemente por unha frecha que se lle cravou no pescozo, o que o obrigou a regresar ao seu reino; pero a pesar dos coidados do seu físico (médico), faleceu a finais de setembro en Jerez de la Frontera.<ref name=Capetos>Reis Capetos de Francia en Medieval Lands .</ref>
O seu cadáver foi trasladado a Pamplona onde foi inhumado na Catedral.
A súa muller Xoanana continuou reinando soa.
Descendencia miniatura|Debuxo dos sepulcros de Filipe III e Xoana II na basílica de Saint-Denis, por Roger de Gaignières. Da unión entre Filipe e Xoana naceron: Xoana (1325 – 3 de xullo de 1387. Henrique de Sully, nomeado gobernador de Navarra polos seus soberanos, concertou no seu nome, en 1329 o matrimonio da súa filla máis vella Xoana co infante Pedro, fillo máis vello e herdeiro do rei Afonso IV de Aragón. Pero entre 1336 e 1339, Sully negociou porén o matrimonio de Pedro (convertido xa no rei de Aragón Pedro IV o Cerimoniso) con María, irmá seguinte de Xoana, que o rei aragonés prefería. Para permitir este casamento, Xoana fíxose relixiosa na abadía de Longchamp en 1337, á idade de 12 anos e renunciou o ano seguinte aos seus dereitos ao reino de Navarra a favor da súa irmá María. Xoana recibiu en compensación unha renda de 1 000 libras, procedentes do señorío de Mantes. María de Évreux (1330–1347), casada con Pedro IV de Aragón.Surget, Marie-Laure (2008): "Mariage et pouvoir: réflexion sur le rôle de l'alliance dans les relations entre les Évreux-Navarre et les Valois au XIVe siècle (1325-1376)", Annales de Normandie, ano 58, nº 1-2, p. 34. Carlos de Évreux (1332–1387), rei de Navarra como Carlos II. Branca de Évreux (1333–1398), casada en 1349 con Filipe VI de Francia Inés de Évreux (1334–1396), casada con Gastón III Febo, conde de Foix e vizconde de Bearn Filipe de Évreux (1336–1363), conde de Longueville Xoana Inés de Évreux (1338–1387), casada con Josep de Llinás e de Aragón, barón de Llinás. Ao falecemento deste en 1371 ingresou como monxa nun convento. Xoana de Évreux (1339–1403), casada con Xoán I de Rohan. Lois de Évreux (1341–1372). Foi conde de Beaumont-le-Roger.
Antepasados
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ramírez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France''. 2ª ed. Editions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5853-5.
Outros artigos Casa de Évreux Carlos I de Navarra Carlos II de Navarra Xoana II de Navarra María de Navarra
Categoría:Reis de Navarra Categoría:Casa de Évreux Categoría:Nados en 1306 Categoría:Finados en 1343