Olkhon (, tamén transliterado como Olchon) é a cuarta illa lacustre máis grande do mundo. É de lonxe a illa máis grande do Lago Baikal na Siberia oriental, cunha superficie de 730 km². Estruturalmente, actúa como a marxe ao suroeste do cantil Academician. A illa mide 71´5 km de longo e 14 km. de largo.

Hai dúas versións con respecto á orixe do nome da illa e ambas se derivan do idioma dos Buriatos, os pobos indíxenas de Olkhon. A primeira é que o nome da illa provén da palabra oyhon - "leñoso", e a segunda é que provén de olhan - "seco". Aínda se discute cal dos dous é a orixe real do nome Olkhon xa que ambas palabras describen perfectamente a illa. Gran parte da illa aínda está cuberta por bosques e a cantidade de precipitacións é extremadamente baixa, ao redor de 240 mm por ano.

Xeografía Olkhon ten unha combinación agreste do terreo e é rica en sinais arqueolóxicas. O monte Zhima é o punto máis alto da illa, alcanzando un máximo de 818 m. por encima do nivel da auga do lago Baikal. A illa é o suficientemente grande como para ter os seus propios lagos, e presenta unha combinación de taiga, estepa e ata un pequeno deserto. Un profundo estreito separa a illa da terra.

O aspecto da illa é o resultado de millóns de anos de movemento tectónico que resultou no ahuecamento da canle entre a terra (Estreito Maloe More e estreito Olkhon Gate) e o bloque de pedra que forma a illa. As empinadas pendentes das montañas mostran o alzamento vertical da terra. miniatura|left|Unha vista do estreito Olkhon Gate

Poboación A poboación da illa é menos de 1.500 habitantes e son principalmente Buriatos, os aborixes da illa.

Hai varios asentamentos e cinco aldeas na illa: Yalga, Malomorets, Khuzhir, Kharantsy, e Ulan-Khushin. O pobo de Khuzhir é a capital administrativa de Olkhon, designado como tal en abril de 1987 cando o goberno soviético emitiu un decreto integral que protexe o lago Baikal. Khuzhir é o fogar de preto de 1.200 residentes e conta cun museo da natureza e a historia local.

Economía A maioría dos residentes son mariñeiros, agricultores ou gandeiros. Debido a un número crecente de turistas de todo o mundo, moitos residentes traballan neste sector tamén, e o turismo converteuse nunha parte importante da economía en Olkhon. miniatura|right | Paisaxe desértico na illa de Olkhon

Cultura

Os indíxenas buriatos, seguidores do xamanismo, cren que a illa é un lugar espiritual, un dos grupos de divindades reverenciadas no xamanismo amarelo de Buryati é chamado oikony noyod, os "trece señores de Olkhon".

Na costa occidental, preto de Khuzhir, atópase a paraxe máis famosa do Baikal, o Shamanka, ou roca do Xamán. Os nativos cren que Burkhan, unha figura moderna do culto relixioso dos pobos altaicos, vive nunha cova nesta roca. A roca é un dos nove lugares máis sagrados en Asia. Olkhon é considerado un centro da cultura Kurumchinskay dos séculos VI a X.

O museo de Olkhon, chamado Revyakin, ten exposicións sobre a natureza e a etnografía da illa, incluíndo pipas e unha colección de samovares.

Historia A illa ten unha longa historia de ocupación humana. Os pobos indíxenas orixinais eran os Kurykans, os antepasados de dous grupos étnicos: os Buriatos e os Yakuts.

Os exploradores rusos visitárona por primeira vez durante o século XVII.

Lenda

Nos mitos e lendas buriatas, Olkhon é un lugar poboado polos terribles espíritos do Baikal. Segundo as lendas o khan Xoto Babai (Хото Бабай) descendeu do ceo na illa de Olkhon, enviado á terra polos deuses superiores, onde o viviu baixo o aspecto dunha aguia real coa cabeza branca. O seu fillo o khan xubu Noion (Хубуу Нойон) foi o primeiro home que se converteu en xamán. Por ese motivo, a illa de Olkhon é considerada como o centro sagrado do mundo dos xamáns do norte, e o centro supremo é representado pola roca do Xamán. Os corpos dos xamáns incinerábanse aquí en tempos anteriores.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Photogallery of Olkhon island Eduard Y. Osipov ., Oleg M. Khlystov. Glaciers and meltwater flux to Lake Baikal during the Last Glacial Maximum // Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 294 (2010) 4–15.

Categoría:Illas de Rusia