Sona Jobarteh, nada en 1983 en Londres, é unha vocalista, instrumentista e compositora gambiana e británica. Medrou no seo dunha das cinco principais familias griot de África Occidental que tocan a kora, das que é a primeira muller recoñecida que toca este instrumento de xeito profesional. É neta do mestre griot Amadu Bansang Jobarteh, curmá de Toumani Diabaté e irmá de Tunde Jegede, todos eles coñecidos instrumentistas de kora. En agosto de 2017 deu un concerto na cuarta edición do Noia Harp Fest, no concello de Noia.

Discografía Spoken Herbs - (2006, produtora e artista convidada) Music of the Diaspora (2006, banda sonora orixinal de 500 Years Later) Nu Beginin''' - (2007, artista convidada) Afro Acoustic Soul - (2008, Sona Soul Records) Light in the Shade of Darkenss - (2008, produtora e artista convidada) Motherland: The Score - (2010, African Guild Records) Fasiya'' - (2011, African Guild Records)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Sona Jobarteh

Sona Jobarteh na BBC

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Londres Categoría:Personalidades de Gambia Categoría:Músicos do Reino Unido