Acontecementos 24 de xuño - Batalla de San Mamede: as tropas do conde portugués Afonso Henriques vencen ás tropas galegas mandadas pola súa nai Dona Tereixa de León e Fernán Pérez de Traba. O condado de Portugal fica exento do control galego. Khun Chuang accede ao trono do reino de Sawa, que corresponde aproximadamente ao actual Laos, en Indochina. O papa Honorio II recoñece e confirma a Orde dos cabaleiros templarios. A universidade de París sepárase do claustro de Nôtre-Dame e instálase na montaña de Sainte-Geneviève.
Nacementos
Alain de Lille, teólogo francés.
Mortes
Ibn Tumart, líder relixioso islámico, fundador do movemento almohade. Pedro Froilaz de Traba, conde de Traba (n. ca. 1075).
Historia ano a ano
Categoría:1128
da:1120'erne#1128