Whale Rider é un filme dirixido por Niki Caro que se estreou en 2002. Baséase na novela homónima de Witi Ihimaera. Está protagonizado por Keisha Castle-Hughes no papel de Kahu Paikea Apirana, unha nena maorí de doce anos de idade que se quere converter na xefa da súa tribo. O seu avó Koro cre que é unha responsabilidade reservada só a homes. O filme foi unha coprodución entre Nova Zelandia e Alemaña. Foi rodado na localidade de Whangara, ó igual que a novela. A súa estrea mundial realizouse o 9 de setembro de 2002, no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Recibiu a aclamación da crítica, e con 13 anos, Keisha Castle-Hughes converteuse na nomeada máis nova ó Oscar á mellor actriz, antes de ser superada por Quvenzhané Wallis, con 9 anos, por Beasts of the Southern Wild. O filme recadou $41,4 millóns sobre un orzamento de NZ$9 235 000.

Estreouse en galego o 11 de xuño de 2008 a través da TVG.

Personaxes

Keisha Castle-Hughes como Paikea Apirana Rawiri Paratene como Koro Vicky Haughton como Nanny Flowers Cliff Curtis como Porourangi Grant Roa como Tío Rawiri Mana Taumaunu como Hemi Rachel House como Shilo Taungaroa Emile como Willie Tammy Davis como Dog Mabel Wharekawa como Maka (como Mabel Wharekawa-Burt) Rawinia Clarke como Miro Tahei Simpson como Miss Parata Roi Taimana como pai de Hemi Elizabeth Skeen como Rehua Tyronne White como Jake Taupua Whakataka-Brightwell como Ropata Tenia McClutchie-Mita como Wiremu Peter Patuwai como Bubba Rutene Spooner como Parekura Riccardo Davis como Maui Apiata Whangaparita-Apanui como Henare John Sumner como Obstetra Sam Woods como Rawiri de pequeno Pura Tangira como Ace Jane O'Kane como Anne Aumuri Parata-Haua como Paikea de bebé

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua maorí Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes dirixidos por Niki Caro Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en Nova Zelandia Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes sobre baleas Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego