O Convento de Santa Bárbara (en neerlandés: Sint-Barbaraklooster) é un antigo convento dos Países Baixos, sito ao pé da canle Oude Delft, na cidade surholandesa de Delft. O edificio pasou a ter un uso civil e na actualidade utilízao como sede social a Asociación de Estudantes Católicos Sanctus Virgilius -Virgiel- (Katholieke Studenten Vereniging Sanctus Virgilius -Virgiel-). O edificio foi declarado en 1967 monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).Ficha do monumento. en Rijksmonumenten.nl. (En neerlandés)Schillemans, S.; Van der Kruk, A. Delft. Verleden tijd. 2013. Páxina 38.[ISBN 978-90389-2399-4] (En neerlandés)

Historia miniatura|esquerda|Patio interior do edificio. Algunhas das monxas franciscanas que abandonaran o veciño convento de Santa Ádega tras a Reforma protestante, durante a segunda metade do século XVI, quixeron establecer un novo convento noutro edificio da mesma cidade vella de Delft, para o cal escolleron un antigo mosteiro construído en 1405 que sufrira danos moi importantes no incendio da cidade en 1536 e que fora posteriormente reconstruído no mesmo lugar. Datos históricos do edificio . En Architectuurgidsdelft.nl. (En neerlandés)Historia do edificio. En Archieven.nl. (En neerlandés)

En 1572, tras a derrota e a prohibición do catolicismo nos Países Baixos, o novo edificio perdeu definitivamente a función relixiosa e pasou a ter diferentes usos intercalados co de almacén de artillaría, que se desenvolveu durante boa parte dos séculos XVI e XVII.

En 1910, a función de orfanato, que se viñera desenvolvendo xa desde finais do século XVI, desapareceu e o edificio caeu en desuso, ata que en 1949 se estableceu alí a asociación estudantil que hoxe mantén no antigo convento a súa sede.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delft Bárbara de Nicomedia

Ligazóns externas Chronicle of the St Barbara convent in Delft (en inglés) Sitio web da asociación xuvenil Virgiel (en neerlandés)

Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Rijksmonument Categoría:Orde de Santa Clara Categoría:Conventos