Mrs. Miniver é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1942. Está protagonizado por Greer Garson e Walter Pidgeon. Inspirouse na novela de 1940 Mrs. Miniver de Jan Struther, e amosa de que xeito a vida dunha muller da Inglaterra rural é afectada pola segunda guerra mundial.
Producida e distribuída por Metro-Goldwyn-Mayer, conta cun nutrido grupo de actores secundarios entre os que se inclúen a Teresa Wright, Dame May Whitty, Reginald Owen, Henry Travers, Richard Ney e Henry Wilcoxon.
Mrs. Miniver gañou seis Premios Oscar, incluíndo mellor filme, mellor director (William Wyler), mellor actriz (Greer Garson) e mellor actriz secundaria (Teresa Wright). En 1950, estreouse a secuela The Miniver Story con Greer Garson e Walter Pidgeon nos seus respectivos papeis.
En 2006, o filme foi clasificado no número 40 da lista do American Film Institute, como un dos máis inspiradores filmes de tódolos tempos. En 2009, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente" significativo.
Personaxes Greer Garson como Kay Miniver Walter Pidgeon como Clem Miniver Teresa Wright como Carol Beldon Dame May Whitty como Lady Beldon Reginald Owen como Foley Henry Travers como Mr. Ballard Richard Ney como Vin Miniver Henry Wilcoxon como O vigairo Christopher Severn como Toby Miniver Brenda Forbes como Gladys Clare Sandars como Judy Miniver Marie De Becker como Ada Helmut Dantine como piloto alemán John Abbott como Fred Connie Leon como Simpson Rhys Williams como Horace Peter Lawford como piloto (sen acreditar) Charles Bennett como home do leite (sen acreditar) Harry Allen comom William (sen acreditar) Billy Bevan como condutor de autobús (sen acreditar)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1942 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por William Wyler Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry