José María Suárez Vence, nado en Nantón (Cabana de Bergantiños) e finado en Madrid o 20 de maio de 1968,Necrolóxica en ABC foi un avogado e xuíz galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1915)El Progreso, 23-10-1915, p. 1.. Foi xuíz de primeira instancia dos partidos de Negreira, Ponteareas (1924)El Pueblo Gallego, 10-2-1924, p. 6. e Pontevedra (1931)El Pueblo Gallego, 3-7-1931, p. 4. e maxistrado da Audiencia Provincial de PontevedraEl Pueblo Gallego, 27-1-1933, p. 3.. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi designado membro da Comisión provincial de incautación de bens en 1937El Diario de Pontevedra, 30-1-1937, p. 2., presidente da Audiencia de Pontevedra (1941) e maxistrado do Tribunal Supremo (1958-1964).
Recoñecementos Fillo adoptivo de Pontevedra. Medalla da Cidade de Vigo. Gran cruz de San Raimundo de Peñafort. Medalla do Mérito Militar con distintivo branco.
Vida persoal Casou con Carmen Santiso García, filla de Luis Santiso Diz, en decembro de 1924,La Voz de Galicia, 18-12-1924, p. 1. e foi pai de Manuel, Xosé María, Luis, María del Carmen, Susana, Antonio e Xavier Suárez-Vence.
Notas
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Nados na Baña Categoría:Finados en 1968 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes