Redemuíños é unha aldea da parroquia negreiresa de San Martiño de Broño, situada ao sur da mesma. Xunto con San Martiño, Trasbarcala e Casa de Antelo conforman a parte da parroquia que se coñece como o Anexo de Abaixo.
Dende este lugar pódese ver case ó completo a beleza paisaxística do Val de Barcala, debido a súa localización elevanda nunha ladeira do Val, segundo contaban as persoas maiores, é posible divisar territorio de ata 7 parroquias.
Noutrora a actividade principal era o sector primario, agricultura e gandaría fundamentalmente. Hoxe en día, debido fundamentalmente a un forte avellentamento poboacional e falta de relevo xeracional, a actividade agraria é residual e exclusiva para o autoconsumo.
Lugares e parroquias Lugares de Broño
Parroquias de Negreira
Categoría:Lugares de Negreira