A illa Upernivik (en danés, Upernivik Ø) é unha illa ribeirega localizada en augas da baía de Baffin, fronte á costa occidental de Groenlandia. Ten unha superficie de 540 km². A illa é montañosa (o seu punto máis alto é Palup Qaqa, con 2105 m).

A illa Upernivik é parte do municipio de Qaasuitsup (que comprende toda a parte noroeste de Groenlandia).

Véxase tamén

Categoría:Xeografía de Groenlandia Categoría:Illas deshabitadas