miniatura|dereita|O espazo natural de interese local das Illas de San Pedro en Visma, A Coruña Os espazos naturais de interese local (ENIL) e os espazos privados de interese natural (EPIN) son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.Véxase o sistema de espazos protexidos de Galicia.

O primeiro espazo natural de Galicia en ser declarado definitiva e oficialmente Espazo Natural de Interés Local pola Xunta de Galicia foi a Xunqueira de Alba de Pontevedra en 2012.

Espazos naturais de interese local miniatura|Río dos Gafos miniatura|Punta Herminia, na contorna da Torre de Hércules miniatura|Xunqueira de Alba

Provincia da Coruña Ribeiras do Mero-Barcés As ribeiras do Mero-Barcés é un espazo natural que abrangue as cuncas do río Barcés, Gobia e Mero ao seu paso por Abegondo. O ENIL, declarado en setembro de 2016, abrangue as cabeceiras dos río Mero antes da súa chegada ao encoro de Abegondo - Cecebre, que está declarado como zona especial de conservación (ZEC). Illas de San Pedro As illas de San Pedro, en Visma, A Coruña foron declaradas como de interese local en 2020.ORDE do 7 de abril de 2020 pola que se declaran definitivamente como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña Estas illas miden 10.40 ha e atópanse en fronte do monte de San Pedro, na cidade da Coruña. Torre de Hércules A contorna da Torre de Hércules na Coruña, declarada provisionalmente ENIL en 2020, foi oficializada en 2025.

Provincia de Lugo Loio-Ruxidoira O espazo natural de Loio-Ruxidoira atópase no río Loio do encoro de Belesar en Paradela. Ocupa 437 ha. e foi declarado en 2013 de interese local.

Provincia de Ourense Voutureira Voutureira atópase en Soutopenedo, San Cibrao das Viñas. Este espazo natural ocupa 183,78 ha. e declarouse en 2008. Puzo do Lago O Puzo do Lago está no Lago, Maside. Este espazo natural abrangue un lago e a súa contorna. Ocupa 30.6 ha. e foi declarado en 2014.

Provincia de Pontevedra Xunqueira de Alba A Xunqueira de Alba acolle estas ribeiras da cidade de Pontevedra. Ocupa 67 ha. e foi declarada como ENIL en 2012. Ecosistema dunar Praia América-Panxón O sistema de dunas das praias de América e Panxón, en Panxón, Nigrán, declaráronse en 2014 como de interese local. É un espazo natural de 3,58 ha. que salvagarda ás dunas das praias. Río Gafos O río dos Gafos están en Pontevedra, entre Cabanas e Lusquiños. Este ENIL ocupa 49,80 ha das ribeiras deste río pontevedrés. Foi declarado oficialmente en 2019.El río Gafos es desde este lunes Espacio Natural de Interés Local

Espazos privados de interese natural Sobreiras do Faro As sobreiras do Faro son un espazo privado que se atopa en Viladesuso, Oia. Este espazo é propiedade dunha mancomunidade local de Viladesuso que ten propiedades nos montes de Faro e Pousiño. É o único EPIN galego e foi declarado en 2011.

Notas

Categoría:Áreas protexidas Categoría:Áreas protexidas de Galicia Categoría:Patrimonio natural de Galicia