Mindhunter é unha serie televisión estadounidense de crime e drama creada por Joe Penhall, baseada no libro Mindhunter: Inside the FBI's Elite Serial Crime Unit escrito por John E. Douglas e Mark Olshaker. Está producida por David Fincher e Charlize Theron entre outros, e estreouse internacionalmente a través da canle Netflix o 13 de outubro de 2017. A segunda tempada estreouse o 16 de agosto de 2019.
Sinopse Ambientada en 1977, nos primeiros anos da psicoloxía criminal e dos perfís criminais do Federal Bureau of Investigation, Mindhunter conta a historia dos axentes do FBI Holden Ford (Jonathan Groff) e Bill Tench (Holt McCallany), que entrevistan asasinos en serie para entender o seu pensamento criminal e aplicar todo ese coñecemento na resolución de casos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América