A praza Beestenmarkt (en galego: "praza do gando") é unha das prazas máis grandes da cidade surholandesa de Delft, nos Países Baixos.
A praza ten forma case cadrada e unhas dimensións de 60 por 50 metros e, xa que logo, unha superficie de 3.000 metros cadrados."Beestenmarkt ". En ExploringDelft.com (en inglés)
Historia No lugar que hoxe ocupa, estivo instalado o convento franciscano Minderbroederklooster (en galego: "convento do irmán menor"), entre 1449 e 1595."Toen in Delft: ’t Broerhuis wordt Beestenmarkt". En Indebuurt.nl (en neerlandés)
Desde ese último ano, en que o convento foi derrubado, e ata 1972, desenvolveuse alí un importante mercado de gando ao que acudían gandeiros de toda a rexión de Westland, no sur de Holanda.
Tras abandonarse ese uso, o espazo da praza utilizouse durante dous decenios como aparcadoiro, ata que a principios da década de 1990 se rehabilitou para se converter nun dos núcleos de esparexemento e hostalaría da cidade, particularmente durante o verán, á sombra dos 24 plataneiros de en torno a 70 anos que a rodean."La vida nocturna de Delft". En Holland.com (en castelán)"Delft: Restaurants aan de Beestenmarkt". En Restaurants.nl (en neerlandés)
Desde o ano 2001, vénse instalando anualmente (con algunhas excepcións) na praza unha pista de patinaxe durante o inverno."Beestenmarkt" no sitio web do Concello de Delft (en neerlandés) miniatura|"O boi" (Stier), obra de Rob Brandt na Beestenmarkt En lembranza do seu pasado como lugar de trata de gando, no centro da praza colocouse en 1993 a escultura de cerámica de Rob Brandt "O boi" (Stier)."Kunst in de openbare ruimte" ("Arte no espazo público"), No sitio web do Concello de Delft (en neerlandés) Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delft
Bibliografía Van der Krogt, Peter. Straatnamen van Delft: verklaring van de namen van straten en buurten, grachten en bruggen.Gemeenteaechief Delft. Delft, 2000. [ISBN 908065415] (en neerlandés)
Ligazóns externas Vermeer's Delft Today: Beestenmarkt (en inglés) De Beestenmarkt door de jaren heen (en neerlandés)
Categoría:Delft Beestenmarkt