A illa Ukerewe (en inglés: Ukerewe island) é unha illa lacustre africana pertencente a Tanzania, a maior illa do lago Vitoria, a 5º maior illa lacustre do mundo e a maior illa interior de África, cunha superficie de aproximadamente 530 km².World Atlas website: Islands of the World: Largest Lake Islands. Retrieved 4 de xuño de 2007. Forma parte do Distrito Ukerewe, que se atopa a 45 km ao norte de Mwanza, á que está unida por transbordador,Mwanza Guide: Ukerewe. e tamén dispón dun transbordador de vehículos máis curto que percorre 3´8 km e une a illa a través da canle Rugezi cun camiño de terra na beira oriental do lago, que se estende a Kibara e Musoma. O litoral da illa Ukerewe está formado por numerosas baías e está rodeado polo menos dunha ducia de illas menores. A súa comunidade máis grande é Nansio.

miniatura|left|Vista das ribeiras da illa A illa Ukerewe é coñecida por ter unha gran poboación de africanos con albinismo. Moitos dos primeiros que chegaron a vivir alí foron levados e abandonados na illa polas súas familias cando eran pícaros. Malia que comprende unha porcentaxe excepcionalmente alto da poboación da illa, seguen sendo, como en Tanzania, unha minoría oprimida.Albinos slaughtered for body parts by black magic witchdoctors

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas [https://web.archive.org/web/20120315174022/http://uta.uwazi.com/index.php?id=map mapa detallado da illa Ukerewe e Illa Ukara

Categoría:Illas de Tanzania