Soiuz TM-16 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 24 de xaneiro de 1993 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Soiuz TM-16, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Gennadi Manakov e Aleksandr Poleshchuk a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. Como particularidade a nave levaba o sistema de acoplamento APAS-89 en lugar da sonda de acoplamento estándar coa finalidade de probalo para futuras operacións con ese sistema.

Durante a súa estancia recibiron a visita da Progress M-15, a Progress M-16, a Progrss M-17, a Progress M-18 e a Soiuz TM-17.

A Soiuz TMA-16 volveu a terra o 22 de xullo de 1993 ás 6:41 GMT, con Haignere, Manakov e Poleshchuk a bordo.

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz TM Estación espacial Mir Soiuz TM-15 Soiuz TM-17

Notas

Categoría:Programa Soiuz