Wonder Woman é un filme estadounidense de superheroes baseado na personaxe de DC Comics Wonder Woman. Distribuído por Warner Bros. Pictures, é o cuarto filme do universo DC Extended Universe (DCEU). Foi dirixido por Patty Jenkins, cun guión de Allan Heinberg, baseado nunha historia de Heinberg, Zack Snyder e Jason Fuchs. Está protagonizado por Gal Gadot, Chris Pine, Robin Wright, Danny Huston, David Thewlis, Connie Nielsen e Elena Anaya. Wonder Woman é o segundo filme no que aparece a personaxe principal, despois do seu debut en Batman contra Superman: O amencer da xustiza. Jenkins converteuse na primeira directora de cine en dirixir un filme de acción baseado nun personaxe de superheroes de banda deseñada.

Estreouse en galego o 18 de maio de 2020 na TVG.

Sinopse O filme conta a historia da Princesa Diana, que medra na illa das amazonas, Themyscira. Despois de que o piloto estadounidense Steve Trevor se estrelase nas augas arredor da illa, conta ás amazonas sobre a primeira guerra mundial. Diana deixa a illa para rematar co conflito.

Personaxes Gal Gadot como Diana Prince / Wonder Woman Chris Pine como Steve Trevor Robin Wright como Xeneral Antiope Danny Huston como Erich Ludendorff David Thewlis como Sir Patrick Morgan / Ares Connie Nielsen como Hippolyta Elena Anaya como Isabel Maru / Doctor Poison Lucy Davis como Etta Candy Saïd Taghmaoui como Sameer Ewen Bremner como Charlie Eugene Brave Rock como Xefe Napi Lisa Loven Kongsli como Menalippe

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes de acción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Atlas Entertainment Categoría:Filmes rodados en Italia Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados no Imperio Otomán Categoría:Filmes ambientados en Bélxica Categoría:Filmes ambientados en 1918 Categoría:Filmes ambientados en 2017 Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego