O mar de Savu (en indonesio, Laut Sawu) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, nomeado así pola illa de Savu (Sawu), cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Leste.

Xeografía Os seus límites son: ao norte, as illas de Flores, Lembata e o arquipélago de Alor; ao sur, polas illas de Rai Jua, Savu, Roti e Semau o océano Índico e o mar de Timor; ao sueste, a illa de Sumba e o estreito de Sumba, que o conecta co mar de Flores; ao suroeste, a illa de Timor e o estreito de Ombai, que o conecta co mar de Banda.

O mar de Savu ten unha profundidade máxima duns 3.500 m. Esténdese ao redor de 600 km de oeste a leste, e 200 km de norte a sur. A cidade máis grande no litoral do mar é Kupang, capital da provincia de Nusa Tenggara Oriental na illa de Timor, cunha poboación de máis de 450.000 habitantes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Mar de Flores Mar de Banda

Ligazóns externas

Categoría:Mares do Océano Índico